Swissair: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Beninho (conversa | contribucións)
m imaxe
Beninho (conversa | contribucións)
Liña 33: Liña 33:


== Frota ==
== Frota ==
=== Derradeira frota activa ===
[[Imaxe:95ci - Swissair Airbus A321-111; HB-IOK@LHR;01.06.2000 (8055978884).jpg|miniatura|250px|[[Airbus A321]] da aeroliña en Heathrow]]
[[Imaxe:95ci - Swissair Airbus A321-111; HB-IOK@LHR;01.06.2000 (8055978884).jpg|miniatura|250px|[[Airbus A321]] da aeroliña en Heathrow]]
=== Derradeira frota activa ===
<center>
<center>
{| class="toccolours" border="1" cellpadding="3" style="border-collapse:collapse"
{| class="toccolours" border="1" cellpadding="3" style="border-collapse:collapse"

Revisión como estaba o 25 de setembro de 2015 ás 10:57

Swissair
IATA
SR
OACI
SWR
Indicativo
SWISSAIR
Fundación26 de marzo de 1931
Fin das operacións31 de marzo do 2002 (operacións transferidas a Crossair, que pasou a ser Swiss International Air Lines)
Plan de voo frecuenteQualiflyer
Frota76 (2002)
Destinos157
HoldingSAirGroup
Páxina web: http://www.swissair.com/

Swissair foi a antiga aeroliña nacional de Suíza. Creouse da fusión entre Balair e Ad Astra Aero (To the Stars) en 1931. Durante a meirande parte dos seus 71 anos, Swissair foi unha das principais aeroliñas internacionais e era coñecida como o "Flying Bank" (banco flotante) debido á súa estabilidade financieira, o que causaba que fose respectada como un símbolo e unha icona nacional suíza. A aeroliña prosperou nos anos 80, cando foi unha das "catro grandes" da Europa occidental. Tiña as súas sedes no Aeroporto de Zúric e en Kloten.

En 1997 o Swissair Group foi rebautizado SAirGroup (aínda que volvería a chamarse Swissair Group en 2001), e pasaría a estar formado por catro subdivisións: SAirlines (a onde pertencían Swissair, Crossair, Balair e FlightLease), SAirServices, SAirLogistics e SAirRelations.

Agobiada pola sobre-espansión debido á controvertida “estratexia de cazador” de finais dos 90 e tras a crise eonómica que seguiu aos ataques do 11 de setembro de 2001, os activos de Swissair perderon valor dun xeito espectacular, deixando en terra á aeroliña en outubro de 2001. A compañía foi mantida con vida polo goberno suízo ata o 31 de marzo de 2002.

O 1 de abril fundouse a súa sucesora, Swiss International Air Lines, sobre a base da antiga Crossair, facéndose coa meirande parte das rutas, avións e traballadores de Swissair. Hoxe en día a compañía SAirGroup aínda existe e está en proceso de liquidación. Lufthansa tomou o control de Swiss International Air Lines no ano 2005.

Frota

Airbus A321 da aeroliña en Heathrow

Derradeira frota activa

Frota de Swissair
Avión Total Pasaxeiros Notas
Airbus A319 9 110
Airbus A320-200 24 134
Airbus A321-100 8 170
Airbus A330-200 14 196
Airbus A340-300 15 219

Véxase tamén

Ligazóns externas