Donald Davidson: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
engado categorías
Anton45 (conversa | contribucións)
Liña 18: Liña 18:


{{ORDENAR:Davidson, Donald}}
{{ORDENAR:Davidson, Donald}}
[[Categoría:Personalidades da filosofía]]
[[Categoría:Filósofos dos Estados Unidos de América]]
[[Categoría:Nados en 1917]]
[[Categoría:Nados en 1917]]
[[Categoría:Nados en Springfield, Massachusetts]]
[[Categoría:Nados en Springfield, Massachusetts]]

Revisión como estaba o 4 de agosto de 2015 ás 13:06

Donald Herbert Davidson nado en Springfield, Massachusetts, o 6 de marzo de 1917 e finado o 30 de agosto de 2003 en Berkeley, California, foi un dos filósofos que abriu o pensamento analítico a novos horizontes máis pragmáticos.

Traxectoria

Formado na Universidade Harvard, deu clases posteriormente na Stanford, Princenton, Rockefeller, Chicago, e California.

A súa obra exerceu considerable influencia en diversas áreas da filosofía a partir dos anos 1960, en especial nas áreas da filosofía da mente, filosofía da linguaxe, e teoría da acción.

Pensamento

Davidson entende que hai un interpretar comprensivo na comunicación intersubxectiva que se relaciona coas condicións de verdade dun enunciado. Davidson vai impugnar o empirismo do seu mestre Willard Van Orman Quine, non existe un dualismo entre subxectividade e mundo obxectivo, entende que non existen un presunto material neutro á espera de ordenación conceptual. Toma distancia fronte a unha ciencia que ve como omniabarcadora e que acabará coa filosofía mesma.

Existe un modo lexítimo de coñecemento distinto da ciencia física que permite abordar filosoficamente os sentimentos, os desexos, as intencións e todo un discurso mental desprezado polo empirismo. Sendo un externalista (existen conexións entre o mundo exterior e o contido dos nosos pensamentos), afirma porén que interpretamos un experimento como interpretamos calquera outra cousa. Davidson segue afincado no materialismo fisicista pero entende que existen descricións verdadeiras dende o punto de vista epistemolóxico que non se se cinguen a leis físicas. O pensamento esixe elementos compartidos de verdade e obxectividade, existe un contexto público intersubxectivo ao que a mente se ve dalgún xeito sometida. Non podemos entender a outro se non compartimos o seu mundo e non o vemos tan lóxico como o somos nós (principio de caridade). A fonte da obxectividade é a intersubxectividade (trangulación).

Relaciona tamén a filosofía práctica coa filosofía da linguaxe ao estudar a acción. Considera que a conduta intencional obedece a un proceso causal pero isto non impide que existan contradicións no suxeito debido á mente parcelada onde se mesturan desexos e arelas en seccións mentais semiautónomas.

Obras

  • Inquiries into Truth and Interpretation, 2001
  • Subjetive, Intersubjetive, Objetive, 2001