Himenópteros: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Lameiro (conversa | contribucións)
alfabetizo cat.
ás
Liña 32: Liña 32:
* [[Symphyta]]
* [[Symphyta]]
|}
|}
Os '''himenópteros''' (''Hymenoptera'') son unha grande orde de [[insecto]]s con alas membranosas nas cales se poden facilmente ver os vasos sanguíneos. O grupo inclúe, entre outros [[abella]]s, [[avespa]]s, [[abesouro]]s e [[formiga]]s, probabelmente é o terceiro maior grupo de insectos do mundo, hai descritas 125.000 especies diferentes, pero probablemente o número total de especies é moito maior.
Os '''himenópteros''' (''Hymenoptera'') son unha grande orde de [[insecto]]s con ás membranosas nas cales se poden ver facilmente os vasos sanguíneos. O grupo inclúe, entre outros [[abella]]s, [[avespa]]s, [[abesouro]]s e [[formiga]]s, probablemente é o terceiro maior grupo de insectos do mundo, hai descritas 125.000 especies diferentes, pero probablemente o número total de especies é moito maior.


== Características ==
== Características ==
A maioría dos himenópteros teñen dous pares de alas transparentes, a posterior é máis pequena e únese á primeira cun gancho. As antenas están altamente desenvolvidas e existen múltiples variantes. As partes da boca son amplas e, como regra xeral, está modificada para absorber néctar das [[flor]]es. As femias presentan ao final do [[abdome]] unha estrutura para a posta de ovos, que se converte nun [[aguillón]] velenoso nos grupos máis evolucionados.
A maioría dos himenópteros teñen dous pares de ás transparentes, a posterior é máis pequena e únese á primeira cun gancho. As antenas están altamente desenvolvidas e existen múltiples variantes. As partes da boca son amplas e, como regra xeral, está modificada para absorber néctar das [[flor]]es. As femias presentan ao final do [[abdome]] unha estrutura para a posta de ovos, que se converte nun [[aguillón]] velenoso nos grupos máis evolucionados.
[[Ficheiro:ES-1853.jpg|esquerda|miniatura|As formigas viven en comunidades]]
[[Ficheiro:ES-1853.jpg|esquerda|miniatura|As formigas viven en comunidades]]
== Sexo ==
== Sexo ==

Revisión como estaba o 16 de decembro de 2014 ás 11:24

Hymenoptera

Vespula germanica

Clasificación científica
Reino: Animalia
Subreino: Eumetazoa
Superfilo: Ecdysozoa
Filo: Antropoda
Subfilo: Mandibulata
Clase: Insecta
Orde: Hymenoptera
Subordes

Os himenópteros (Hymenoptera) son unha grande orde de insectos con ás membranosas nas cales se poden ver facilmente os vasos sanguíneos. O grupo inclúe, entre outros abellas, avespas, abesouros e formigas, probablemente é o terceiro maior grupo de insectos do mundo, hai descritas 125.000 especies diferentes, pero probablemente o número total de especies é moito maior.

Características

A maioría dos himenópteros teñen dous pares de ás transparentes, a posterior é máis pequena e únese á primeira cun gancho. As antenas están altamente desenvolvidas e existen múltiples variantes. As partes da boca son amplas e, como regra xeral, está modificada para absorber néctar das flores. As femias presentan ao final do abdome unha estrutura para a posta de ovos, que se converte nun aguillón velenoso nos grupos máis evolucionados.

As formigas viven en comunidades

Sexo

Unha característica especial que se atopa nos himenópteros é que o sexo vén determinado polo número de cromosomas (determinación do sexo por haplodiploidía). O individuo que é diploide (os que posúen dúas series de cromosomas) é femia e o que é haploide (a metade do número de cromosomas) é macho. Como consecuencia as femias teñen máis xenes en común coas súas irmás que coa súa descendencia. William Donald Hamilton formalizou o concepto da selección de parentesco que podería ser unha das orixes da eusociabilidade destas especies.