Península de Monterreal: Diferenzas entre revisións
m Engadín as tres praias. |
mSen resumo de edición |
||
Liña 1: | Liña 1: | ||
A '''península de Monterreal''' ou de '''Monteboi''' atópase na vila de Baiona, na provincia de Pontevedra.<ref name=":0">{{Cita web|url = http://www.baiona.org/web/turismo/o-que-non-vos-debedes-perder/fortaleza-de-monterreal|autor = Concello de Baiona|título = Fortaleza de Monterreal|dataacceso = 30/10/2014}}</ref> |
A '''península de Monterreal''' ou de '''Monteboi''' atópase na vila de Baiona, na provincia de [[Provincia de Pontevedra|Pontevedra]].<ref name=":0">{{Cita web|url = http://www.baiona.org/web/turismo/o-que-non-vos-debedes-perder/fortaleza-de-monterreal|autor = Concello de Baiona|título = Fortaleza de Monterreal|dataacceso = 30/10/2014}}</ref> |
||
[[Ficheiro:Parador de Baiona.JPG|miniatura|600px|A península de Monterreal ou de Monte do Boi.]] |
[[Ficheiro:Parador de Baiona.JPG|miniatura|600px|A península de Monterreal ou de Monte do Boi.]] |
||
Revisión como estaba o 30 de outubro de 2014 ás 20:15
A península de Monterreal ou de Monteboi atópase na vila de Baiona, na provincia de Pontevedra.[1]
Historia
Coñécese dende hai máis de 2.000 anos como recinto amurallado. Habitaron aquí celtas, fenicios e romanos, os cales foron moitas veces atacados. Antigamente asentouse aquí a vila de Baiona, por privilexio outorgado polos Reis Católicos para defenderse das incursións corsarias.[1]
Xeografía
A península ocupa unha extensión de 18 hectáreas rodeadas de 3 km. As murallas datan de entre os séculos XI e XVII.[1] Na península atopamos tres praias: A Cuncheira, Os Frades e A Barbeira.
Parador "Conde de Gondomar-Baiona"
- Artigo principal: Parador de Baiona.
O recinto converteuse en residencia de gobernadores, como o Conde de Gondomar. Despois de pasar a mans privadas o Ministerio de Información e Turismo mercou o terreo e construíu o Parador "Conde de Gondomar".[1]
Muralla
A muralla mantén as tres torres dende as que se vixiaba a fortaleza. Na entrada está a torre do Reloxo ; ó leste érguese a torre da Tenaza e na parte oriental da fortaleza, sobre a baía de Baiona, atópase a torre do Príncipe. Esta última ten tres escudos (dos Austrias, dos Soutomaior e o de Baiona). Debe o seu nome ó príncipe portugués Afonso Enriques que estivo retido nesa torre.[1]
Notas
Este artigo non está dentro dunha categoría ou precisa categorías adicionais. Por favor, engádelle as categorías pertinentes e retira o modelo {{Sen categoría}} .Colabora connosco neste artigo e noutros en condicións semellantes para que a Galipedia mellore e medre. |