Mamede de Capadocia: Diferenzas entre revisións
Sen resumo de edición |
+imaxe |
||
Liña 1: | Liña 1: | ||
{{Sen referencias|data=xuño de 2014}} |
{{Sen referencias|data=xuño de 2014}} |
||
[[Ficheiro:Mamant.jpg|miniatura|Icono de San Mamede.]] |
|||
'''Mamede de Capadocia''', nado en [[259]] e finado na [[Capadocia]] en [[275]], foi un [[mártir]] cristián, coñecido como San Mamede. |
'''Mamede de Capadocia''', nado en [[259]] e finado na [[Capadocia]] en [[275]], foi un [[mártir]] cristián, coñecido como San Mamede. |
||
Revisión como estaba o 5 de xuño de 2014 ás 11:35
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xuño de 2014.) |
Mamede de Capadocia, nado en 259 e finado na Capadocia en 275, foi un mártir cristián, coñecido como San Mamede.
Lenda
Fillo de Teodoto e Rufina dous plebeos cristiáns encarcerados e martirizados cando neno. Naceu en prisión e foi adoptado por unha viúva patricia que ao seu pasamento deixoulle a súa herdanza cando só tiña 15 anos. Mamede utilizou á súa fortuna para favorecer aos marxinados e non ocultou a súa condición de cristiá. Isto fíxoo vítima dunha dura represión por parte do Gobernador de Cesarea de Capadocia.
Tras sufrir cadea e torturas, fuxiu ao monte onde conviviu entre as feras, tendo a facultade de amansalas. Localizado e detido, foi sometido á morte no circo ceibándolle varios leóns, pero estes respectárono e amosáronlle docilidade. En consecuencia, foi atravesado polo tridente dun gladiador ata falecer desangrado.
Significación
Son moitas as parroquias e accidentes xeográficos en Galicia adicadas á súa advocación. A implantación do cristianismo en comunidades rurais da Gallaecia supuxo a substitución de tradicións galaicas prerromanas referidas a deidades masculinas adolescentes da natureza pola figura deste santo mozo.
En Bilbao existiu existiu o maior orfanato de Europa baixo o seu padroado.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Mamede de Capadocia |