ABC (xornal): Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Desfíxose a edición 3150369 de TelmoPP (conversa)
Sen resumo de edición
Liña 30: Liña 30:
Na democracia rexurdiu o diario baixo a dirección de [[Luis María Anson]]. Así, en 2005 era o terceiro xornal máis vendido de España e o máis antigo de Madrid. .<ref>«[http://www.abc.es/hemeroteca/historico-07-02-2008/abc/Sociedad/angel-exposito-director-de-abc-en-sustitucion-de-jose-antonio-zarzalejos_1641620539109.html Ángel Expósito, director de ABC en sustitución de José Antonio Zarzalejos]». ''ABC'' (07/02/2008).</ref>
Na democracia rexurdiu o diario baixo a dirección de [[Luis María Anson]]. Así, en 2005 era o terceiro xornal máis vendido de España e o máis antigo de Madrid. .<ref>«[http://www.abc.es/hemeroteca/historico-07-02-2008/abc/Sociedad/angel-exposito-director-de-abc-en-sustitucion-de-jose-antonio-zarzalejos_1641620539109.html Ángel Expósito, director de ABC en sustitución de José Antonio Zarzalejos]». ''ABC'' (07/02/2008).</ref>


En febreiro de 2008 o consello de administración de ABC nomeou Anxo Expósito como director. O 11 de febreiro anunciouse a fichaxe da plana maior do diario La Razón. O cambio de dirección foi seguido dun significativo aumento de vendas durante o devandito ano. O 8 de setembro de 2010 Bieito Rubido Ramonde substituíu Anxo Expósito Amora na dirección do xornal..<ref>«[http://www.abc.es/hemeroteca/historico-24-12-2008/abc/Nacional/abc-es-el-periodico-nacional-que-mas-aumenta-sus-ventas-en-2008_912077996433.html ''ABC'' es el periódico nacional que más aumenta sus ventas en 2008]». ''ABC'' (24/12/2008).</ref>.<ref> [http://www.abc.es/20100908/sociedad/bieito-rubido-ramonde-20100908.html] ''ABC'' (08/09/2010).</ref>
En febreiro de 2008 o consello de administración de ABC nomeou Anxo Expósito como director. O 11 de febreiro anunciouse a fichaxe da plana maior do diario La Razón. O cambio de dirección foi seguido dun significativo aumento de vendas durante o devandito ano. O 8 de setembro de 2010 Bieito Rubido Ramonde substituíu Anxo Expósito Amora na dirección do xornal..<ref>«[http://www.abc.es/hemeroteca/historico-24-12-2008/abc/Nacional/abc-es-el-periodico-nacional-que-mas-aumenta-sus-ventas-en-2008_912077996433.html ''ABC'' é o xornal nacional que máis aumenta as súas centas no 2008]». ''ABC'' (24/12/2008).</ref>.<ref> [http://www.abc.es/20100908/sociedad/bieito-rubido-ramonde-20100908.html] ''ABC'' (08/09/2010).</ref>





Revisión como estaba o 20 de decembro de 2013 ás 21:32


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre xornalismo é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.

Publicidade do ano 1904.

ABC é un xornal de carácter xeralista publicado en Madrid e distribuído por toda España, de corte conservador e que se define como monárquico[Cómpre referencia]. Foi fundado o 1 de xaneiro de 1903 por Torcuato Luca de Tena y Álvarez-Ossorio. No 2010 foi nomeado director o xornalista galego Bieito Rubido.

Edítase en lingua castelá salvo certos artigos e noticias de carácter autonómico escritos na determinada lingua da comunidade autónoma e, a diferenza doutros xornais españois, a impresión fai de modo que cada exemplar vai grampado e con formato folio.


Ata a guerra civil

Foi fundado en Madrid o 1 de xaneiro de 1903 por Torcuato Luca de Tena e Álvarez-Ossorio. Nas súas orixes foi un semanario, aínda que se converteu nun bisemanario o 16 de xuño do mesmo ano e comezou a distribuírse diariamente a partir do 1 de xuño de 1905.

O 12 de outubro de 1929 naceu o 'ABC de Sevilla, ao que o 'ABC de Madrid ' achegou a súa doutrina, textos e mesmo as páxinas de ocogravado.


A guerra civil

Pasados seis anos, a Guerra Civil Española fixo que cada edición quedase nun bando distinto da guerra, 'ABC' de Madrid no bando republicano e 'ABC' de Sevilla no bando sublevado.

Na mañá do 20 de xullo de 1936 e ante a confusión que reinaba en Madrid, onde corrían insistentes rumores de que o Goberno ía incautarse do xornal, o seu director Luis de Galinsoga logrou entrar en contacto telefónico co Ministerio de Gobernación para confirmar as súas intencións. O seu interlocutor, o subsecretario de Gobernación, respondeulle que o xornal debía considerarse suspendido ata nova orde e aconsellou ao seu persoal de redacción abandonar a súa sede canto antes dado que o Goberno non respondía das súas vidas. Cando a principio da tarde e en seguimento desa recomendación, o persoal da redacción se dispoñía a desaloxar o edificio, este foi ocupado por un comité sindical.

Poucos días despois, o ata entón subdirector do xornal (e presidente da Asociación da Prensa de Madrid), Alfonso Rodríguez Santamaría, foi detido por algunha das bandas que pululaban por Madrid e fusilado a principios de agosto de 1936. Outros redactores conseguiron salvar a vida, xa fose acolléndose ao refuxio nalgunha embaixada (como o fixo o xornalista e escritor Xacinto Miquelarena), ou escondéndose.

O xornal pasou a ser xestionado por Unión Republicana. En 1938 a súa distribución apenas alcanzaba os 10 000 exemplares diarios e a comezos de 1939 o xornal consistía nun caderno de catro páxinas.

Ao termo da guerra civil, o 'ABC' foi restituído aos seus propietarios orixinais e volveu ser o xornal máis vendido en España.

Transición e democracia

Na democracia rexurdiu o diario baixo a dirección de Luis María Anson. Así, en 2005 era o terceiro xornal máis vendido de España e o máis antigo de Madrid. .[1]

En febreiro de 2008 o consello de administración de ABC nomeou Anxo Expósito como director. O 11 de febreiro anunciouse a fichaxe da plana maior do diario La Razón. O cambio de dirección foi seguido dun significativo aumento de vendas durante o devandito ano. O 8 de setembro de 2010 Bieito Rubido Ramonde substituíu Anxo Expósito Amora na dirección do xornal..[2].[3]


Durante o 2009 realizouse a presentación oficial do fondo documental que alberga ABC.es, dispoñible para todos os públicos de xeito gratuíto, que conta con cinco millóns de páxinas que inclúen, ademais dos máis de 60 000 números do diario que se editaron ata hoxe nas edicións de Madrid e Sevilla, as páxinas de revistas e suplementos da histórica cabeceira..[4]


Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas