MG: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Addbot (conversa | contribucións)
m Bot: Retiro 26 ligazóns interlingüísticas, proporcionadas agora polo Wikidata en d:q36018
Liña 12: Liña 12:
Ficheiro:MG MGA.jpg|M.G. MGA, deportivo bipraza.
Ficheiro:MG MGA.jpg|M.G. MGA, deportivo bipraza.
Ficheiro:mgb.bristol.750pix.jpg|MG B, 1966.
Ficheiro:mgb.bristol.750pix.jpg|MG B, 1966.
Ficheiro:1976.mg.midget.arp.jpg|MG Midget, 1976.
Ficheiro:1976 mg midget arp.jpg|MG Midget, 1976.
Ficheiro:ZS180.2004.XPG.JPG|MG ZS 180 Saloon, 2004.
Ficheiro:ZS180.2004.XPG.JPG|MG ZS 180 Saloon, 2004.
</gallery>
</gallery>

Revisión como estaba o 7 de setembro de 2013 ás 21:53

MGB Roadster en Vigo.

MG é unha marca de automóbiles, creada polo fabricante británico de coches deportivos do mesmo nome, fundada en 1924. Na primavera do 2005 a produción MG cesou cando os propietarios da marca, MG Rover, caeu na bancarrota. A principios do 2007, os novos propietarios da marca, Nanjing Automobile Group, retomaron a produción dos MGs na planta de Longbridge, que tamén adquiriran cando absorberan a MG Rover, e noutra planta en China.

MG son as siglas correspondentes a "Morris Garages", un vendedor dos coches Morris en Oxford quen comezou a producir as súas propias versións personalizadas a partir dos deseños de Cecil Kimber, quen se uniu á compañía como xefe de vendas en 1921, ascendendo a Director Xeral en 1922. Kimber seguiu sendo Director Xeral ata 1941, a causa das súas diferencias con Lord Nuffield acerca da busca de traballo en tempos de guerra. Kimber morreu no ano 1945 nun estraño accidente ferroviario. En 1952, coa fusión con BMC, o que fora director de mantemento durante moito tempo, John Thornley, pasou a ser Director Xeral, guiando a compañía a través dos seus mellores anos ata a súa xubilación en 1969.

Galería de imaxes