Marco Claudio Tácito: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
XoseBot (conversa | contribucións)
m Bot: Modificando categoría Category:Imperio romano
Sen resumo de edición
Liña 6: Liña 6:

Moi pronto os godos e mais os escitas invadiron o [[Ponto]], a [[Capadocia]] e [[Cilicia]], poñéndose '''Tácito''' á fronte do seu exército da [[Tracia]], xunto co seu irmán, rexeitando os invasores e obrigándoos a voltar de novo as súas terras. Recibe por iso o título de ''Gothicus Maximus''. Pero el xa non torna de novo a Roma, xa que morre en xuño do [[276]] debido a unhas febres segundo algúns, ou a unha conxura dos xefes militares. Só estivera sete meses como emperador romano. Sucédeo o seu irmán [[Floriano]], aceptado polo Senado, pero non así polas lexións de Oriente, que nomean a [[Probo]] como novo emperador, que vencendo a Floriano, queda como sucesor de Tácito.

{{Gobernante|
ESPAZO_POLITICO=Imperio Romano|
DINASTIA=Emperadores Ilirios|
ANTES=Aureliano|
DEPOIS=Probo|
DATA_ENTRADA=275|
DATA_SAIDA=276|
}}

[[Category:Emperadores romanos]]
[[Category:Emperadores romanos]]

Revisión como estaba o 19 de febreiro de 2007 ás 17:25

Marcus Claudius Tacitus nace probablemente en Amitermo (Italia), no ano 200. Era o decano do Senado, cando morre asasinado Aureliano.

Ó morrer Aureliano, ábrese un período duns seis meses de intreregno, no que non hai emperador. O Senado atopa en Tácito o candidato, xa que era ben aceptado polo pobo romano e polo exército. Nun primeiro intre rexeita a púrpura imperial, aducindo a súa avanzada idade. Pero as presións do Senado fano aceptar a finais do 275.

Home afable, íntegro e amante da literatura, unha das súas primeiras decisións, despois da deificacion de Aureliano, foi perseguir os seus asasinos e condenalos a morte. Nomea a M.Annius Florianus, seu irmán, Prefecto da Garda Pretoriana.

Moi pronto os godos e mais os escitas invadiron o Ponto, a Capadocia e Cilicia, poñéndose Tácito á fronte do seu exército da Tracia, xunto co seu irmán, rexeitando os invasores e obrigándoos a voltar de novo as súas terras. Recibe por iso o título de Gothicus Maximus. Pero el xa non torna de novo a Roma, xa que morre en xuño do 276 debido a unhas febres segundo algúns, ou a unha conxura dos xefes militares. Só estivera sete meses como emperador romano. Sucédeo o seu irmán Floriano, aceptado polo Senado, pero non así polas lexións de Oriente, que nomean a Probo como novo emperador, que vencendo a Floriano, queda como sucesor de Tácito.

Imperio Romano

Segue a:
Aureliano
Marco Claudio Tácito
(275-276)

Precede a:
{{{DESPOIS}}}
Emperadores Ilirios