Armadura: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Addbot (conversa | contribucións)
m Bot: Retiro 44 ligazóns interlingüísticas, proporcionadas agora polo Wikidata en d:q485027
Breogan2008 (conversa | contribucións)
engado imaxe
Liña 1: Liña 1:
[[Ficheiro:Mycenaean armour 1400BC.jpg|miniatura|300px|Armadura [[Período micénico|micénica]], -1400.]]
Unha '''armadura''' é unha vestimenta que se fabricaba de [[Metal (material)|metais]] ou outros materiais resistentes coma o [[coiro]].
Unha '''armadura''' é unha vestimenta que se fabricaba de [[Metal (material)|metais]] ou outros materiais resistentes coma o [[coiro]].



Revisión como estaba o 19 de agosto de 2013 ás 14:22

Armadura micénica, -1400.

Unha armadura é unha vestimenta que se fabricaba de metais ou outros materiais resistentes coma o coiro.

Orixes

A orixe da armadura é do período exipcio, naqueles tempos compoñíase dun casco e unha coiraza. Entre os caldeos-asirios, polo que que aparece nos relevos da época, usábase un casco de bronce de forma algo cónica, a coiraza feita de pel cuberta de láminas metálicas e os botíns de coiro duro ou gornecido tamén con láminas. Os soldados gregos adoitaban levar unha túnica corta que remataba en pregues simétricos e sobre ela unha coiraza para o tronco, formada por tiras de coiro con pezas metálicas ou ben só dúas pezas (peto e espaldeira) que cubrían peito e costas e uníanse con tiras metálicas ou correas sobre os ombros mentres que a parte dianteira das pernas se defendía coas cnémides.