Ifni: Diferenzas entre revisións
mSen resumo de edición |
|||
Liña 3: | Liña 3: | ||
[[Category:Marrocos]] |
[[Category:Marrocos]] |
||
[[Category:España]] |
[[Category:España]] |
||
[[ast:Ifni]] |
|||
[[ca:Ifni]] |
[[ca:Ifni]] |
||
[[de:Ifni]] |
[[de:Ifni]] |
||
[[en:Ifni]] |
[[en:Ifni]] |
||
[[es:Ifni]] |
[[es:Ifni]] |
||
[[ |
[[fi:Ifni]] |
||
[[ja:イフニ]] |
[[ja:イフニ]] |
||
[[nl:Ifni]] |
|||
[[pl:Ifni]] |
[[pl:Ifni]] |
||
[[pt:Ifni]] |
[[pt:Ifni]] |
Revisión como estaba o 8 de febreiro de 2007 ás 03:54
Ifni era unha antiga posesión española na costa africana, ao sur de Agadir, tiña unha superficie de 1.502 km² e unha pobocíón no ano 1964 de 51.517 habitantes, a capital era Sidi Ifni. O territorio foille concedido a España en perpetuidade conforme ao Tratado asinado entre España e Marrocos en 1860, neste territorio tivera xa España un establecemento chamado Santa Cruz de la Mar Pequeña entre 1476 e 1524, aínda que non se sabe con exactitude a súa localización. Durante moitos anos España non fixo ningún movemento para ocupar o territorio e non foi ata o 6 de abril de 1934 que o coronel Osvaldo Capaz Montes ao desembarcar do canoneiro Canalejas tomou posesión deste territorio no nome de España. Ata 1952 Ifni tivo status de protectorado e nese ano converteuse en parte da África Occidental Española. Desde que Marrocos obtivo a independencia en 1956 reclamou o territorio en varias ocasións. A fins de 1957 o Exército de Liberación Marroquí co apoio do goberno marroquí atacou Ifni, fíxose co control da maior parte do territorio quedando a administración española reducida a Sidi Ifni e os seus arredores que constituíu unha provincia española. O 30 de xullo de 1969 Ifni pasou a soberanía marroquí.