Celje Pivovarna Lasko: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
JonnyJonny (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
KLBot2 (conversa | contribucións)
m Bot: Retiro 2 ligazóns interlingüísticas, proporcionadas agora polo Wikidata en d:Q286001
Liña 46: Liña 46:


[[Categoría:Equipos de balonmán de Eslovenia]]
[[Categoría:Equipos de balonmán de Eslovenia]]
[[en:RK Celje Pivovarna Laško]]
[[es:RK Celje]]

Revisión como estaba o 3 de maio de 2013 ás 03:17

RK Celje
Fundación1947
CidadeEslovenia Celje
Estadio
Zlatorog Arena (6.000 esp.)
LigaLiga eslovena de balonmán
Campionatos17 (1992, 1993, 1994, 1995, 1996, 1997, 1998, 1999, 2000, 2001, 2003, 2004, 2005, 2006, 2007, 2008, 2010)
Cores           
Na rede
http://www.rk-celje.si/forside
Youtube: UC82iPBOisadjvwYRbJI5Ryg Editar o valor em Wikidata

O RK Celje Pivovarna Laško é un club de balonmán da cidade eslovena de Celje, fundado en 1947, e coñecido polos seus éxitos en competicións europeas. O equipo xoga os seus encontros como local no Zlatorog Arena con capacidade para 6000 seareiros. As cores principais do club son o amarelo (camisola) e o verde (pantalóns).

Na liga eslovena domina con autoridade o palmarés, con 17 títulos de liga en 21 edicións. Os seus principais rivais na competición local son o RK Cimos Koper e o RK Gorenje Velenje. Na máxima competición continental é habitual que chegue ás fases finais, meténdose en 7 ocasións entre os 4 mellores equipos, e acadando o título de campión de Europa en 2004, batendo na final ó conxunto alemán do SG Flensburg.

Xogadores tan salientables como Dragan Škrbić, Uroš Zorman, Eduard Kokscharow, Siarhei Rutenka, Dejan Perić, Petar Metličić ou Renato Vugrinec teñen defendido as cores deste club.

Palmarés

Competicións nacionais

  • Liga eslovena de balonmán (17):
1992, 1993, 1994, 1995, 1996, 1997, 1998, 1999, 2000, 2001, 2003, 2004, 2005, 2006, 2007, 2008, 2010
  • Copa eslovena de balonmán (16):
1992, 1993, 1994, 1995, 1996, 1997, 1998, 1999, 2000, 2001, 2004, 2006, 2007, 2010, 2012, 2013

Competicións europeas

  • Liga de Campións da EHF (1):
2004
  • Supercopa da EHF (1):
2004

Véxase tamén

Ligazóns externas