Arte da Grecia antiga: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
m Desfixéronse as edicións de 187.34.135.134 (conversa); cambiado á última versión feita por MerlIwBot
Vivaelcelta (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 8: Liña 8:


[[Categoría:Historia da arte]]
[[Categoría:Historia da arte]]

[[de:Griechische Kunst]]
[[en:Art in Ancient Greece]]
[[es:Arte griego]]
[[fr:Art de la Grèce antique]]
[[he:אמנות יוון העתיקה]]
[[hu:Az ókori görög művészet]]
[[it:Arte greca]]
[[nl:Oud-Griekse kunst]]
[[pl:Sztuka starożytnej Grecji]]
[[pt:Arte da Grécia Antiga]]
[[sv:Grekisk konst]]
[[th:ศิลปะยุคกรีก]]

Revisión como estaba o 9 de abril de 2013 ás 06:58

Os kouroi eran representacións de atletas novos, cos brazos caídos e paralelos ó corpo e unha das súas pernas adiantadas cunha ríxida frontalidade, representantes da arte grega arcaica amosan a súa relación cos modelos escultóricos exipcios

A arte grega exerceu unha enorme influencia na cultura de moitos países desde tempos antigos ata o presente, particularmente na escultura e na arquitectura. A arte romana derivou principalmente de modelos gregos. Desde o Renacemento en Europa a estética humanista e os estándares técnicos da arte grega inspiraron a xeracións de artistas.

Historia e características

Tradicionalmente distínguense tres etapas no desenvolvemento da arte grega: o período arcaico (séculos VIII-VI a.C.), período clásico (séculos V e IV a.C.) e período helenístico, desde a morte de Alexandre Magno (323 a.C.) ata a caída de Corinto (146 a.C.)

A arte grega non responde a criterios relixiosos nin vai estar disposta pola clase dominante, é máis ben a expresión dun pobo que creou un complexo entramado mítico para dar resposta á orixe do mundo. Para o artista grego a beleza posúe un carácter matemático e identifícase coa proporción xeométrica, por esta razón crearon uns sistemas proporcionais, canónicos, baseados na experiencia natural como reflexo da harmonía que rexe a natureza. A figura humana centrou o interese do artista grego desde o período arcaico, particularmente en escultura. As formas anatómicas da figura humana están tratadas como un organismo vivo e a relación proporcional entre as súas partes constitúe o ideal e o fundamento da beleza. A importancia da vida urbana e a súa organización "democrática" condicionaron a arquitectura grega.