Farelo: Diferenzas entre revisións
homónimos e engadido |
|||
Liña 33: | Liña 33: | ||
[[Categoría:Alimentos de orixe vexetal]] |
[[Categoría:Alimentos de orixe vexetal]] |
||
[[Categoría:Cereais]] |
[[Categoría:Cereais]] |
||
[[ar:نخالة]] |
|||
[[ca:Segó]] |
|||
[[cs:Otruby]] |
|||
[[da:Klid]] |
|||
[[de:Kleie]] |
|||
[[en:Bran]] |
|||
[[eo:Brano]] |
|||
[[es:Salvado]] |
|||
[[fa:سبوس]] |
|||
[[fi:Leseet]] |
|||
[[fr:Son (botanique)]] |
|||
[[he:סובין]] |
|||
[[hi:चोकर]] |
|||
[[hu:Korpa]] |
|||
[[id:Bekatul]] |
|||
[[io:Brano]] |
|||
[[it:Crusca]] |
|||
[[ja:糠]] |
|||
[[kk:Кебек]] |
|||
[[ko:밀기울]] |
|||
[[lt:Sėlenos]] |
|||
[[ml:തവിട്]] |
|||
[[nl:Zemelen]] |
|||
[[no:Kli]] |
|||
[[pl:Otręby]] |
|||
[[pt:Farelo]] |
|||
[[qu:Hamchi]] |
|||
[[ro:Tărâță]] |
|||
[[ru:Отруби]] |
|||
[[sc:Ghilingione]] |
|||
[[scn:Canigghia]] |
|||
[[sl:Otrobi]] |
|||
[[sv:Kli]] |
|||
[[tr:Kepek (ziraat)]] |
|||
[[uk:Висівки]] |
|||
[[zh:米糠]] |
Revisión como estaba o 29 de marzo de 2013 ás 14:41
O farelo é a parte envolvente dos grans de cereais que se separa da fariña despois da moenda. Tradicionalmente separábase para obter unha fariña máis branca e, consecuentemente, un pan tamén máis branco porque parecía de máis calidade. Hoxe en día, co desenvolvemento das Ciencias da Nutrición, recoñécese o seu valor nutritivo polo seu contido sobre todo rico en fibra. Soe tomarse só ou mesturado con líquidos ou iogur para facilitar o tránsito intestinal.
Composición
O farelo é o resultado dun proceso de peneirado da fariña despois da moenda dos grans de cereais. Está formado polo envoltorio dos grans, que conta con cinco capas que, desde fóra para dentro, son:
- A codia da caixa, a cutícula
- A segunda, o epicarpo
- A terceira, o endocarpo
- A cuarta, o tegumento
- A quinta e máis interna, a aleurona
O farelo contén celulosa, polisacáridos, proteínas, graxa, minerais e auga. Supón preto do 15% en peso do cereal.
Usos
Quizais o máis usado é o farelo de trigo, pero tamén se comercializan doutros cereais, como a avea, o centeo, o arroz, etc.
Tradicionalmente usábase en gandeiría como alimento para os animais, como sucedía con outros subprodutos da actividade agroalimentaria.
Actualmente, converteuse nun complemento nutricional común polos seus nutrientes e a fibra que contén. Recoméndase a toma especialmente para facilitar as evacuacións intestinais cando se volven duras ou insuficientes.