Xisulfo II de Friúl: Diferenzas entre revisións
m r2.7.3) (Bot: Engado: ca:Gisulf II de Friül; cambios estética |
|||
Liña 14: | Liña 14: | ||
[[Categoría:Ducado de Friúl]] |
[[Categoría:Ducado de Friúl]] |
||
[[ar:جيزولف الثاني من فريولي]] |
|||
[[bg:Гизулф II (Фриули)]] |
|||
[[ca:Gisulf II de Friül]] |
|||
[[de:Gisulf II. (Friaul)]] |
|||
[[en:Gisulf II of Friuli]] |
|||
[[it:Gisulfo II del Friuli]] |
|||
[[lt:Gisulfas II]] |
|||
[[pl:Gisulf II]] |
|||
[[ro:Gisulf al II-lea de Friuli]] |
|||
[[uk:Гізульф II]] |
Revisión como estaba o 26 de marzo de 2013 ás 02:30
Xisulfo II (... – circa 610) foi un duque longobardo, duque do Friúl desde o 590 ata o 610 aproximadamente.
Inicialmente oposto ao rei Axilulfo, no 603 reconciliouse co soberano. Intervén nas cuestións relativas ao patriarcado de Aquileia, instituído daquela polo Cisma tricapitolino. No 607 o patriarcado foi dividido entre dous patriarcas: un, adherido ao cisma, ligado aos longobardos e o outro, que vivía en Grado, próximo aos bizantinos e fiel a Roma. Xisulfo sostén a elección a patriarca do tricapitolino Xoán en oposición ao católico Candidiano.
Aos pucos anos, probabelmente no 610, Xisulfo debeu afronta unha invasión dos ávaros. Malia o grande valor amosado en batalla, segundo Paulo Diácono, o encontro volveuse a favor dos invasores, numericamente superiores.
O duque de Friúl, Xisulfo, afrontouno audazmente cos longobardos que puido reunir; mais, malia combateren con grande coraxe, poucos contra unha inmensa multitude, foi rodeado por todas partes e morto con case todos os seusPaulo Diácono, Historia Langobardorum, IV, 37Gisulfus Foroiulanus dux cum Langobardis, quos habere poterat, audacter occurrit; sed quamvis forti animositate contra inmensam multitudinem bellum cum paucis gereret, undique tamen circumseptus, cum omnibus pene suis extinctus est
A capital do ducado, Cividale, con todo, resistiu, pero caeu pouco despois a causa da traizón da muller de Xisulfo, Romilda. Desta tivera oito fillos: catro homes (Caccón e Tasón, Radoaldo e Grimoaldo) e catro mulleres (Appa, Gaila e outras dúas das que Paulo Diácono non lle sabía os nomes).
Fontes
- Paulo Diácono, Historia Langobardorum (Historia dos Longobardos, Lorenzo Valla/Mondadori, Milano 1992).