Pierre Joseph Bonnaterre: Diferenzas entre revisións
m r2.7.3) (Bot: Engado: cs:Pierre Joseph Bonnaterre |
|||
Liña 41: | Liña 41: | ||
[[Categoría:Personalidades da zooloxía]] |
[[Categoría:Personalidades da zooloxía]] |
||
[[cs:Pierre Joseph Bonnaterre]] |
|||
[[da:Pierre Joseph Bonnaterre]] |
|||
[[de:Pierre Joseph Bonnaterre]] |
|||
[[en:Pierre Joseph Bonnaterre]] |
|||
[[es:Pierre-Joseph Bonnaterre]] |
|||
[[fi:Pierre Joseph Bonnaterre]] |
|||
[[fr:Pierre Joseph Bonnaterre]] |
|||
[[hu:Pierre Joseph Bonnaterre]] |
|||
[[it:Pierre Joseph Bonnaterre]] |
|||
[[no:Pierre Joseph Bonnaterre]] |
|||
[[pl:Pierre Joseph Bonnaterre]] |
|||
[[ru:Боннатерре, Пьер Жозеф]] |
|||
[[sv:Pierre Joseph Bonnaterre]] |
|||
[[zh:皮埃尔·约瑟夫·博纳埃尔]] |
Revisión como estaba o 23 de marzo de 2013 ás 02:19
O abade Pierre-Joseph Bonnaterre, nado contra 1752 en Saint-Geniez-d'Olt (no actual departamento de Aveyron, Mediodía-Pireneos, Francia) e finado na mesma vila o 20 de setembro de 1804, foi un naturalista francés.
Traxectoria
Bonnaterre entrou no seminario de Rodez en 1772 e foi ordenado como presbítero o 22 de febreiro de 1779.
Exerceu como cura na Rouergue (antiga provicia do mediodía francés que se corresponde aproximadamente co actual dapartamento do Aveyron), e ensinou historia natural en Rodez.
Foi un dos primeiros naturalistas franceses en romper coa escola de Buffon para adoptar o sistema linnenano. Participou na parte ornitolóxica (1790-1792) e ictiolóxica da enciclopedia tituada Tableau encyclopédique et méthodique des trois règnes de la nature.
Bonnaterre contribuiu aos estudos dos mamíferos (e en especial, dos cetáceos), aves, réptiles, anfibios, peixes e insectos.
Tamén se recorda como o primeiro científico que estudou o neno salvaxe Victor de Aveyron (cuxa vida inspirou a François Truffaut no seu filme L'Enfant sauvage.
Bonnaterre identificou preto de 25 novas especies de peixes, e dotou á súa enciclopédica obra con preto de 400 ilustracións.
Algunhas publicacións
- Tableau encyclopédique et méthodique des trois règnes de la nature, dix-huitième partie, insectes. Agasse, Paris 1797.
- Recueil de médecine vétérinaire ou Collection de mémoires d'instructions et de recettes sur les maladies des animaux domestiques.
- Tableau encyclopédique et méthodique des trois règnes de la nature, Cétologie, Ophiologie, Erpétologie. Padoue 1795.
- Tableau encyclopédique et méthodique des trois règnes de la nature, Ophiologie. Panckoucke, Paris 1790.
- Tableau encyclopédique et méthodique des trois règnes de la nature, Ornithologie. Panckoucke, Paris 1790/91.
- Tableau encyclopédique et méthodique des trois règnes de la nature, Cétologie. Panckoucke, Paris 1789.
- Tableau encyclopédique et méthodique des trois règnes de la nature, Erpétologie. Panckoucke, Paris 1789/90.
- Tableau encyclopédique et méthodique des trois règnes de la nature, Ichthyologie. Panckoucke, Paris 1788.[1]
Abreviatura
A abreviatura Bonnaterre emprégase para indicar a Pierre Joseph Bonnaterre como autoridade na descrición e taxonomía en zooloxía.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
- Walters, Micahel (2003): A Concise History of Ornithology. New Haven, Connecticut: Yale University Press. ISBN 0-300-09073-0
Ligazóns externas
- Agence régionale de l'environnement de Haute-Normandie (AREHN) Breve biografía de Bonnaterre e análise da súa obra. (en francés) Consultada o 14/11/2012.