Encoro de Proserpina: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
engadidas ligazóns interwikis
KLBot2 (conversa | contribucións)
m Bot: Retiro 2 ligazóns interlingüísticas, proporcionadas agora polo Wikidata en d:Q1818061 orrian
Liña 1: Liña 1:

{{Patrimonio Mundial
{{Patrimonio Mundial
| Título = <big>'''{{PAGENAME}}'''</big>
| Título = <big>'''{{PAGENAME}}'''</big>
Liña 52: Liña 51:


[[Categoría:Estremadura|Encoro de Proserpina]]
[[Categoría:Estremadura|Encoro de Proserpina]]

[[de:Proserpina-Talsperre]]
[[ext:Embalsi e Proserpina]]

Revisión como estaba o 18 de marzo de 2013 ás 14:43

Encoro de Proserpina
Encoro romano de Proserpina.
Patrimonio da Humanidade - UNESCO
PaísEspaña España
Localización38°58′16.75″N 6°21′54.64″O / 38.9713194, -6.3651778
TipoCultural
Criteriosiii, iv
Inscrición1993 (XVII Sesión)
Rexión da UNESCOEuropa
Identificador664

O Encoro de Proserpina está situado a uns 4 km do centro de Mérida. É unha construción romana. Mide 427,8 metros de longo, 22,6 metros de alto e 5,9 metros de ancho na base. O encoro ten unha capacidade de 4 hm³.

Descrición

Vista do encoro.

O encoro atópase no regato das Pardillas e está en moi bo estado xa que despois da caída do Imperio Romano, continou a se empregar. Na súa orixe fornecía de auga á cidade de Augusta Emerita (Mérida) polo acueducto dos Milagros. As datas da súa construción fixáronse por carbono 14 entre o século I e principios do século II da era actual[1].

Está considerado o encoro artificial da época romana máis grande coñecido no mundo mediterráneo. O encoro de Proserpina, e o de Cornalvo forman parte do denominación Conxunto Arqueolóxico de Mérida, declarado Patrimonio da Humanidade en 1993 pola Unesco.

O nome da presa déuselle pola inscrición votiva romana atopada preto adicada á deusa Proserpina que consérvase no museo de Mérida.

Proserpina
DEA . ATAECINA TVR
BRIG . PROSERPINA
PERTVAM MAIESTATEM
TE ROGO ORO OBSECRO
VTI VINDICES QVOT MIHI
FVRTI FACTVM EST QVISQVIS
MIHI IMVDAVIT INVOLAVIT
MINVSVE FECIT EAS...Q I.S.S
TVNICAS. VI...........AENVLA
LINTEA.II.IN...VM CV
IVS.....M . IGNORO
......IVS.
Deusa Ataecina Turibrigense
Proserpina
prégoche
pido e demando
pola túa grande maxestade
que sexas a miña vingadora
en cantos roubos me fixeron
un quidam a min escamoteáronme
en menos tempo que tardouse en facelas
as cousas que abaixo escribo
túnicas, seis
capota de lenzo dúas, camisas...
Lápida e texto atopado preto da presa de Proserpina adicado á deusa[2].

Galería de imaxes

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas