Sabino Torres: Diferenzas entre revisións
Contido eliminado Contido engadido
Xas (conversa | contribucións) Nova páxina: "'''Sabino Torres Ferrer''', nado en Pontevedra en 1924, é un editor e escritor galego. ==Traxectoria== Comezou a súa actividade xornalística en 1943 na revista ''F..." |
(Sen diferenzas.)
|
Revisión como estaba o 11 de marzo de 2013 ás 19:58
Sabino Torres Ferrer, nado en Pontevedra en 1924, é un editor e escritor galego.
Traxectoria
Comezou a súa actividade xornalística en 1943 na revista Finisterre con Emilio Canda e Celso Emilio Ferreiro. En 1949 editou a colección Benito Soto con Manuel Cuña Novás e Emilio Álvarez Negreira. En 1953 creou o semanario Litoral, do que foi redactor-xefe e subdirector. En 1992 fundou a colección poética Hipocampo Amigo con Emilio Álvarez Negreira. É membro correspondente da Real Academia Galega.
Obras
- Cuaderno de Carmen, 1949.
- Ondas do mar comigo, 1997.
- Trovas de Nadal, 1999
- Xograría nova, 2000
- Intres de soidade, 2001.
- As tres columnas, 2008.