Olot: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
m r2.7.3) (Bot: Engado: ar:أولوت
MerlIwBot (conversa | contribucións)
m Bot: Engado: cbk-zam:Olot
Liña 20: Liña 20:
[[ar:أولوت]]
[[ar:أولوت]]
[[ca:Olot]]
[[ca:Olot]]
[[cbk-zam:Olot]]
[[de:Olot]]
[[de:Olot]]
[[en:Olot]]
[[en:Olot]]

Revisión como estaba o 11 de febreiro de 2013 ás 18:39

Olot

Olot é un municipio da provincia de Xirona, en Cataluña.

Características

É a capital da comarca de A Garrotxa especialmente coñecida polos seus lugares de interese natural; non en balde todo o seu termo municipal atópase dentro do Parque Natural da Zona Volcánica da Garrotxa. Os volcáns máis coñecidos e visitados son o de Santa Margarida,Croscat e o Volcán Montsacopa tamén coñecido como San Francisco.

O croscat é famoso debido a que o terreo está "cortado" e pódense apreciar perfectamente os estratos xeolóxicos), atopándose ao seu pé o Xardín Botánico de Vexetación Natural Olotina.

Tamén esperta un gran interese a "Fageda d'en Jordà", un inmenso bosque de haxas exquisito para perderse e pasear, tanto a pé como en bicicleta, dacabalo ou en carruaxe. Cabe mencionar a arte e a industria de estatuaria cristiá que desde o século XIX estableceuse por toda a cidade, sendo o maximo representante a Arte Cristiá, fundado por Marià Vayreda e existente hoxe día, onde traballaron os notables escultores Miquel Blay e Josep Clarà.

Gastronomía

Un dos segredos de Olot é a súa cociña, chamada "Cociña Volcánica". Unha dos seus mellores e máis coñecidas receitas son as patacas de Olot[1].

Notas