Søren Kierkegaard: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
EmausBot (conversa | contribucións)
m r2.7.2+) (Bot: Engado: arz:كيركجارد
GhalyBot (conversa | contribucións)
Liña 99: Liña 99:
[[tr:Søren Kierkegaard]]
[[tr:Søren Kierkegaard]]
[[tt:Сөрен Кьеркегор]]
[[tt:Сөрен Кьеркегор]]
[[uk:Серен К'єркегор]]
[[uk:Серен К’єркегор]]
[[uz:Søren Kierkegaard]]
[[uz:Søren Kierkegaard]]
[[vi:Søren Kierkegaard]]
[[vi:Søren Kierkegaard]]

Revisión como estaba o 2 de febreiro de 2013 ás 17:03

Søren Kierkegaard

Søren Aabye Kierkegaard, nado en Copenhaguen o 5 de maio de 1813 e finado na mesma cidade o 11 de novembro de 1855, foi un teólogo e un filósofo dinamarqués do século XIX, coñecido como o "pai" do existencialismo.

Filosoficamente, fixo a ponte entre a filosofía hegeliana e aquilo que se tornaría no Existencialismo. Kierkegaard rexeitou a filosofía hegeliana do seu tempo e o que el veu como o formalismo vácuo da Igrexa luterana dinamarquesa. Moitas das súas obras lidan con problemas relixiosos tais como a natureza da fe, a institución da fé cristiá, e ética cristiá e teoloxía. Por causa disto, a obra de Kierkegaard, algunhas veces, considerase como Existencialismo Cristián (en oposición ao existencialismo de Jean-Paul Sartre ou ao proto-existencialismo de Friedrich Nietzsche, ambos os dous derivados dunha forte base ateística).

A obra de Kierkegaard é de difícil interpretación, dado que escribiu a maioría das súas obras baixo varios seudónimos, e moitas veces eses seudo-autores comentan os traballos de seudo-autores anteriores.

Interpretación de Kierkegaard por Ernest Gellner

No seu libro de 1992, Post-modernismo, razón e relixión, Ernest Gellner menciona a Kierkegaard para ilustrar o fundamentalismo relixioso. Segundo Gellner, Kierkegaard está asociado á idea de que a relixión é, no seu fundamento, non unha persuasión da verdade dunha doutrina, senón a dedicación a unha posición que é inherentemente absurda, ou que dá "ofensa", o termo usado por Kierkegaard. Para Kierkegaard, obtemos a nosa identidade ao crer en algo que ofenda profundamente a nosa mente, o que non é unha tarefa fácil. Para existir, teríamos de crer e crer en algo que sexa ominosamente difícil de crer. Esta é a esencia do proceso existencialista en Kierkegaard, que asocia a fé coa identidade.

Modelo:Link FA Modelo:Link FA Modelo:Link FA Modelo:Link FA