Tecido conxuntivo: Diferenzas entre revisións
arranxiño |
arranxiño |
||
Liña 1: | Liña 1: | ||
{{sen referencias}} |
{{sen referencias}} |
||
O '''tecido conxuntivo''' é un [[tecido (bioloxía)|tecido]] orgánico que |
O '''tecido conxuntivo''', tamén chamado '''tecido conectivo''' é un [[tecido (bioloxía)|tecido]] orgánico que serve de sostemento ao resto de tecidos e órganos. Cohesiona, separa e dá soporte aos paquetes vasculo-nerviosos. Deriva do [[mesoderma]]. |
||
Os tecidos conxuntivos pódense agrupar en tecidos especializados e tecidos non especializados. O tecido conxuntivo non especializado, á súa vez, pode dividirse en ''tecido conxuntivo laxo'' e ''denso'': |
Os tecidos conxuntivos pódense agrupar en tecidos especializados e tecidos non especializados. O tecido conxuntivo non especializado, á súa vez, pode dividirse en ''tecido conxuntivo laxo'' e ''denso'': |
Revisión como estaba o 12 de decembro de 2012 ás 13:08
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
O tecido conxuntivo, tamén chamado tecido conectivo é un tecido orgánico que serve de sostemento ao resto de tecidos e órganos. Cohesiona, separa e dá soporte aos paquetes vasculo-nerviosos. Deriva do mesoderma.
Os tecidos conxuntivos pódense agrupar en tecidos especializados e tecidos non especializados. O tecido conxuntivo non especializado, á súa vez, pode dividirse en tecido conxuntivo laxo e denso:
- O tecido conxuntivo laxo abrangue o tecido conectivo mucoso, o tecido conxuntivo reticular e o tecido mesenquimal.
- O tecido conxuntivo denso abrangue dous tipos: denso regular e denso irregular.
O tecido conxuntivo especializado abrangue o tecido adiposo, o tecido cartilaxinoso, o tecido óseo, o tecido hematopoiético e o tecido sanguíneo.
Elementos do tecido conxuntivo
Hai tres compoñentes principais neste tecido: a substancia fundamental, febras diversas e unha serie de células.
Substancia fundamental
A substancia fundamental é un compoñente básico do tecido conxuntivo, de consistencia xelatinosa. Rodea e serve coma recheo para as células e febras do tecido. Permite o transporte de nutrientes e outras substancias cara as células.
Está composto por proteínas e glicosaminoglicanos (condroitín sulfato, heparán sulfato, queratán sulfato e ácido hialurónico). Os glicosaminoglicanos están formados por polisacáridos unidos a proteínas, posteriormente con reación ácida. Posúen numerosos anións, que captan sodio e arrastran auga por solvatación.
Para a preparación histolóxica non pode producirse lavando con auga. Hai que optar por:
- fixación con vapores de éter-formaldehido de cortes conxelados para microscopía óptica; ou ben
- conxelación presurizada + criosubstitución + inclusión a baixa temperatura para microscopía electrónica
As tincións máis axeitadas son: ácido periódico de Schiff, ferro coloidal etc.
Febras
No tecido conxuntivo existen diferentes tipos de febras: febras de coláxeno, febras elásticas e microfebras. As febras de coláxeno existen en diversos tecidos e achegan grande estabilidade e resistencia ao tecido. Particularmente áchanse elevadas cantidades destas febras nos tendóns, fascias e outras estruturas febrosas.
Véxase tamén
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Tecido conxuntivo |