CB Granada: Diferenzas entre revisións
mSen resumo de edición |
Sen resumo de edición |
||
Liña 57: | Liña 57: | ||
* [http://www.cbgranada.com Club Baloncesto Granada] |
* [http://www.cbgranada.com Club Baloncesto Granada] |
||
[[Categoría:Equipos de baloncesto de |
[[Categoría:Equipos de baloncesto de Andalucía|Granada]] |
||
[[ca:Club Baloncesto Granada]] |
[[ca:Club Baloncesto Granada]] |
Revisión como estaba o 11 de novembro de 2012 ás 22:42
Club Baloncesto Granada | |
Información xeral | |
---|---|
Liga | Liga LEB |
Fundación | 1994 |
Historia | C.A.B. Granada(1994-1996) CB Granada S.A.D. (1996-actualidade) |
Cores | Verde escuro, vermello, branco |
Presidente | Ramiro Pérez de la Blanca |
Adestrador | Curro Segura |
Localización | |
Cidade | Granada España |
Pavillón | Palacio Municipal de los Deportes de Granada (7.358) |
http://www.cbgranada.com |
O Club Baloncesto Granada SAD é o meirande equipo de baloncesto da cidade de Granada, Andalucía (España). na tempada 2011-12 xogará na Liga LEB, logo de descender da Liga ACB, a máxima competición do baloncesto español.
Traxectoria
O CB Granada SAD sucedeu ao anterior club da cidade, o Club Deportivo Oximesa, desaparecido por problemas económicos. O Club Asociación Baloncesto Granada (C.A.B. Granada) constituíuse o 28 de xuño de 1994 so a fórmula de Asociación Deportiva procedendo do desaparecido C.A.B. Loja.
Tras participar dous anos na Liga EBA (na tempada 1995-96 ficou campión tras resultar invicto en tódolos partidos da fase final), o 14 de xuño de 1996 o CAB Granada adquiriu os dereitos para participar na Liga ACB ao Club Baloncesto Salamanca. O 11 de xullo o Club constitúese en Sociedade Anónima Deportiva.
Na tempada 1998-99 descende á liga LEB, para lograr de novo o ascenso e o retorno á ACB na tempada 2000-01. Na tempada 2002-03 volve perder a categoría, mais retorna na campaña 2003-04 tras só unha tempada na LEB.
A andaina deste club partiu en Salamanca, en 1993, onde competiu 3 anos como Club Baloncesto Salamanca, chegando a clasificarse para a Copa Korac no seu último ano de existencia, e en 1996 a sociedade cambiou o domicilio e o nome cara a terras granadinas, tomando o nome de Club Baloncesto Granada que iniciara a súa andaina en 1994. Participou na Liga ACB, mais tamén na división inferior do baloncesto español, a Liga LEB. A súa mellor actuación ata o momento foi na tempada 2006-07, 2008-09 cando terminaron na 11ª posición da Liga ACB. Na tempada 2010-11 descende á liga LEB.
Cada ano dende 2004 organiza un torneo amigable, o Memorial Antonio Rodríguez Franco.
Denominacións
- C.A.B SPAR GRANADA: 1995-1996
- Covirán SIERRA NEVADA e Covirán CERVEZAS ALHAMBRA: 1996-1999
- CLUB BALONCESTO GRANADA: 2000-presente.