Tecido conxuntivo: Diferenzas entre revisións
corrixo |
mSen resumo de edición |
||
Liña 4: | Liña 4: | ||
Os tecidos conxuntivos pódense agrupar en tecidos especializados e tecidos non especializados. O tecido conxuntivo non especializado, á súa vez, pode dividirse en ''tecido conxuntivo laxo'' e ''denso'': |
Os tecidos conxuntivos pódense agrupar en tecidos especializados e tecidos non especializados. O tecido conxuntivo non especializado, á súa vez, pode dividirse en ''tecido conxuntivo laxo'' e ''denso'': |
||
* O tecido laxo abrangue o tecido conectivo mucoso, o tecido conxuntivo reticular e o tecido mesenquimal. |
* O tecido laxo abrangue o tecido conectivo mucoso, o tecido conxuntivo reticular e o [[tecido mesenquimal]]. |
||
* O tecido denso abrangue dous tipos: denso regular e denso irregular. |
* O tecido denso abrangue dous tipos: denso regular e denso irregular. |
||
Revisión como estaba o 10 de novembro de 2012 ás 11:09
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
O tecido conxuntivo é un tecido orgánico que forma parte dos tecidos conectivos. Serve de sostén ao resto de tecidos e órganos. Cohesiona, separa e dá soporte aos paquetes vasculo-nerviosos. Deriva do mesoderma.
Os tecidos conxuntivos pódense agrupar en tecidos especializados e tecidos non especializados. O tecido conxuntivo non especializado, á súa vez, pode dividirse en tecido conxuntivo laxo e denso:
- O tecido laxo abrangue o tecido conectivo mucoso, o tecido conxuntivo reticular e o tecido mesenquimal.
- O tecido denso abrangue dous tipos: denso regular e denso irregular.
O tecido conxuntivo especializado abrangue o tecido adiposo, o tecido cartilaxinoso, o tecido óseo, o tecido hematopoiético e o tecido sanguíneo.
Elementos do tecido conxuntivo
Hai tres compoñentes principais neste tecido: a substancia fundamental, febras diversas e unha serie de células.
Substancia fundamental
A substancia fundamental é un compoñente básico do tecido conxuntivo, de consistencia xelatinosa. Rodea e serve coma recheo para as células e febras do tecido. Permite o transporte de nutrientes e outras substancias cara as células.
Está composto por proteínas e glicosaminoglicanos (condroitín sulfato, heparán sulfato, queratán sulfato e ácido hialurónico). Os glicosaminoglicanos están formados por polisacáridos unidos a proteínas, posteriormente con reación ácida. Posúen numerosos anións, que captan sodio e arrastran auga por solvatación.
Para a preparación histolóxica non pode producirse lavando con auga. Hai que optar por:
- fixación con vapores de éter-formaldehido de cortes conxelados para microscopía óptica; ou ben
- conxelación presurizada + criosubstitución + inclusión a baixa temperatura para microscopía electrónica
As tincións máis axeitadas son: ácido periódico de Schiff, ferro coloidal etc.
Febras
No tecido conxuntivo existen diferentes tipos de febras: febras de coláxeno, febras elásticas e microfebras. As febras de coláxeno existen en diversos tecidos e achegan grande estabilidade e resistencia ao tecido. Particularmente áchanse elevadas cantidades destas febras nos tendóns, fascias e outras estruturas febrosas.
Véxase tamén
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Tecido conxuntivo |