Montemor-o-Velho: Diferenzas entre revisións
m poño foto |
m Bot: Engado: sh:Montemor-o-Velho |
||
Liña 26: | Liña 26: | ||
[[roa-rup:Montemor-o-Velho]] |
[[roa-rup:Montemor-o-Velho]] |
||
[[ru:Монтемор-у-Велью]] |
[[ru:Монтемор-у-Велью]] |
||
[[sh:Montemor-o-Velho]] |
|||
[[tr:Montemor-o-Velho]] |
[[tr:Montemor-o-Velho]] |
||
[[vo:Montemor-o-Velho]] |
[[vo:Montemor-o-Velho]] |
Revisión como estaba o 7 de novembro de 2012 ás 13:40
Montemor-o-Velho é unha vila portuguesa que conta con aproximadamente 3.000 habitantes. Sitúase no distrito de Coimbra, na antiga provincia da Beira Litoral, a medio camiño entre Figueira da Foz e Coimbra.
Historia
Montemor-o-Velho é unha antiga vila con vestixios que se remontan á Prehistoria, concretamente ao período Neolítico. Existen referencias documentais ao seu castelo desde o século IX. En 848, Ramiro I de Asturias pasou a dominar o castelo de Montemor, mais a reconquista definitiva do Mondego foi emprendida polo Rei Fernando I de León, que entregou o castelo ao Conde Sesnando. Este castelo é bastante bonito de visitar, estando en moi bo estado de conservación. Desde el pódese gozar dunha bela vista sobre os arrozais do rio Mondego e restantes terreos de cultivo.
A súa importancia estratéxica fixo desta vila un polo de atracción, polo que en 1212 recibiu o seu primeiro foro. Montemor foi aínda, durante séculos, terra de infantado, primeiro de Sancho I de Portugal e Teresa de Portugal e despois de Afonso IV de Portugal (1322) e mais de Pedro de Portugal, Duque de Coimbra (1416). En 1472, Afonso V de Portugal fixo Marqués de Montemor-o-Velho a D. João de Portugal, máis tarde Duque de Bragança.