Calcáneo: Diferenzas entre revisións
m Bot: Engado: el:Πτέρνα |
m Bot: Substitución automática de texto (-Image: +Ficheiro:) |
||
Liña 35: | Liña 35: | ||
<gallery> |
<gallery> |
||
Ficheiro:Gray264.png|Calcáneo esquerdo, superficie superior |
|||
Ficheiro:Gray265.png|Calcáneo esquerdo, superficie inferior |
|||
Ficheiro:Gray267.png|Calcáneo esquerdo, superficie interna |
|||
</gallery> |
</gallery> |
||
Revisión como estaba o 6 de novembro de 2012 ás 18:42
Calcaneus | ||
---|---|---|
Articulación subtalar | ||
Calcáneo esquerdo, superficie lateral | ||
Latín | Os calcis | |
Gray | tema #63 263 |
O calcáneo é o óso inferior da fila proximal do tarso. Ten unha forma cuboidea, con seis caras.
Cara superior
Delimita inferiormente o seo do tarso. Artéllase coa superficie inferior do astrágalo. Esta articulación presenta dúas zonas articulares: postero-externa e antero-interna. É unha dobre artrodia morfoloxicamente pero unha trocoide funcionalmente, con movementos de rotación. Presenta as insercións do ligamento calcáneo-cuboideo superior, o ligamento chave e o músculo plantar.
Cara inferior
Presenta unha serie de rugosidades para a inserción de elementos dos pé. Insértase o ligamento calcáneo-cuboideo inferior.
Cara posterior
Presenta unha rugosidade para o tendón de Aquiles na parte inferior. A parte superior relaciónase co paquete adiposo de Kaguet.
Cara anterior
Artéllase co óso cuboide nun encaixe recíproco perfecto, na articulación calcáneo-cuboidea.
Cara interna
Aparece unha tuberosidade para o ligamento tibio-calcáneo, que forma parte do plano superficial do ligamento lateral interno do nocello. Permite o paso dun paquete vasculo nervioso composto por: arteria tibial posterior, nervio tibial posterior e dúas veas satélite.
Cara externa
É unha zona de paso para os músculos peroneos laterais longo e curto.
-
Calcáneo esquerdo, superficie superior
-
Calcáneo esquerdo, superficie inferior
-
Calcáneo esquerdo, superficie interna