Sacerdote: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
JAnDbot (conversa | contribucións)
m r2.7.2) (Bot: Engado: jv:Imam, nap:Sacerdòt; elimino: vi:Linh mục
ZéroBot (conversa | contribucións)
m r2.7.1) (Bot: Engado: la:Sacerdos
Liña 60: Liña 60:
[[ka:მღვდელი]]
[[ka:მღვდელი]]
[[ko:사제]]
[[ko:사제]]
[[la:Sacerdos]]
[[li:Preester]]
[[li:Preester]]
[[lmo:Prevet]]
[[lmo:Prevet]]

Revisión como estaba o 24 de outubro de 2012 ás 01:26

Sacerdote anglicano.

O sacerdote é unha persoa que se dedica profesionalmente, en exclusiva ou a tempo compartido, a realizar actos de intermediación entre os seus conveciños e supostos seres superiores. O termo pode variar pero, en xeral e desde un punto de vista cultural, o sacerdote é aquel que exerce como intermediario entre o ser humano e a divinidade.

Chámaselle sumo sacerdote a quen exerce a máxima autoridade relixiosa nalgunhas confesións, normalmente como herdeiro dalgunha tradición histórica non comprobada (así os catolicos chaman sumo pontífice á súa máxima autoridade, como herdeiro dos secretos construtivos).

En case todas as culturas, a casta sacerdotal constituíu unha clase social dominante. O corpo de sacerdotes adoita recibir diferentes nomes segundo a cultura.

En Galicia recibe popularmente os nomes de crego, cura ou, debido á influencia dos frades bieitos, abade.


Definición e características

O sacerdote é sempre un intermediario entre o ámbito da divinidade ou da trascendencia, e o ámbito terrenal. A súa formación, nomeamento ou autoridade da que está investido o autorizan a un contacto moi cercano cos distintos deuses, que lle está vedado ao resto da poboación.

O sacerdote caracterízase por:

  • Pertence a unha relixión organizada e institucionalizada, o que o diferencia de outras figuras similares como o chamán.
  • Forma parte dun grupo restrinxido e xerarquizado.
  • O acceso a condición de sacerdote implica o cumprimento dunha serie de requisitos. Que poden ir desde o coñecemento do corpo doutrinal da relixión correspondente ata a pertenza a unha determinada caste, coma os bramáns da India, ou a pertenza a un determinado xénero, coma os sacerdotes católicos, que deben ser homes.
  • Ten un réxime de vida distinto do resto da poboación, o que se reflicte, por exemplo, no feito de levar vestimentas propias ou en determinadas obrigas especiais.

Véxase tamén

Outros artigos


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre relixión é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.