Torrejón de Ardoz: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
EmausBot (conversa | contribucións)
m r2.7.3) (Bot: Engado: oc:Torrejón de Ardoz
MerlIwBot (conversa | contribucións)
Liña 35: Liña 35:
[[ro:Torrejón de Ardoz]]
[[ro:Torrejón de Ardoz]]
[[ru:Торрехон-де-Ардос]]
[[ru:Торрехон-де-Ардос]]
[[sr:Torrejón de Ardoz]]
[[sv:Torrejón de Ardoz]]
[[sv:Torrejón de Ardoz]]
[[tr:Torrejón de Ardoz]]
[[tr:Torrejón de Ardoz]]
Liña 40: Liña 41:
[[uz:Torrejón de Ardoz]]
[[uz:Torrejón de Ardoz]]
[[vi:Torrejón de Ardoz]]
[[vi:Torrejón de Ardoz]]
[[zh:托雷洪德亚尔多斯]]

Revisión como estaba o 4 de outubro de 2012 ás 00:58

Torrejón de Ardoz é un concello castelán, pertencente á Comunidade de Madrid. Ten 32 km² e preto de 120.000 habitantes.

Xeografía

Está situado na subcomarca de A Campiña, na Comarca de Alcalá. Desde un punto de vista socioeconómico, Torrejón está encadrado dentro do denominado Corredor do Henares e en diversos aspectos, considérase parte do área metropolitana de Madrid. O seu rápido crecemento durante o século XX levou que o seu centro urbano desenvolveuse en paralelo á autovía A-2 Madrid-Barcelona.

Torrejón de Ardoz está situada nun estratéxico enclave: a 20 km do centro de Madrid, moi próximo ao Aeroporto de Madrid-Barajas, ao Recinto feiral Juan Carlos I, comunicado directamente coa A-2, Ademais da vía férrea Madrid-Barcelona, a autovía de circunvalación M-50 e a estrada M206 cara a Loeches e Ajalvir.

Aínda que a cidade configurouse sempre como un municipio independente, sitúase baixo a influencia de Madrid por unha banda e Alcalá de Henares por outro. A pesar de todo Torrejón de Ardoz cada vez é menos dependente destas dúas cidades. Torrejón de Ardoz é xa considerada unha cidade. Torrejón sitúase ademais na Veiga do Henares limitando con este río polo sur e transcorrendo polo municipio dous pequenos arroios: o Ardoz (que dá nome ao municipio) e o Pelayo. Unha pequena fracción do seu territorio (4 ha) está incluída no Parque Rexional do Sueste.

Desde febreiro de 2008 Torrejón de Ardoz réxese coa Lei de Grandes Cidades.