Padal: Diferenzas entre revisións
m r2.7.1) (Bot: Engado: eu:Ahosabai |
mSen resumo de edición |
||
Liña 1: | Liña 1: | ||
[[Imaxe:Amigdalas diag.jpg|miniatura|Localización do padal]] |
[[Imaxe:Amigdalas diag-1-.jpg|miniatura|Localización do padal]] |
||
O '''padal''' ou '''ceo da boca''' é unha estrutura dos animais [[vertebrado]]s, incluindo os [[humano]]s. Esta estrutura da [[glote]] separa [[cavidade oral]] da [[cavidade nasal]]: é unha zona de rozamento cuxa interacción [[lingua]]-padal permite articular sons. O padal divídese en dúas partes, a parte ósea anterior ("[[padal duro]]") e a parte mol posterior ("[[padal brando]]" ou "veo do padal"). |
O '''padal''' ou '''ceo da boca''' é unha estrutura dos animais [[vertebrado]]s, incluindo os [[humano]]s. Esta estrutura da [[glote]] separa [[cavidade oral]] da [[cavidade nasal]]: é unha zona de rozamento cuxa interacción [[lingua]]-padal permite articular sons. O padal divídese en dúas partes, a parte ósea anterior ("[[padal duro]]") e a parte mol posterior ("[[padal brando]]" ou "veo do padal"). |
||
Revisión como estaba o 2 de outubro de 2012 ás 17:55
O padal ou ceo da boca é unha estrutura dos animais vertebrados, incluindo os humanos. Esta estrutura da glote separa cavidade oral da cavidade nasal: é unha zona de rozamento cuxa interacción lingua-padal permite articular sons. O padal divídese en dúas partes, a parte ósea anterior ("padal duro") e a parte mol posterior ("padal brando" ou "veo do padal").
Histoloxía
O padal presenta unha porción xinxival ou enxiva, unha zona graxa e unha zona glandular no padal duro e o padal brando. Ambas as dúas metades do padal únense no rafe medio.
O padal, na zona da encía e no rafe medio do padal duro presenta unha mucosa sésil, é dicir, sen submucosa, cunha lámina propia directamente unida ao periostio. O epitelio da mucosa sésil é plano pluriestratificado. Se aparece cornificación no padal brando hai patoloxía.
A zona graxa do padal duro presenta unha submucosa con graxa, en tanto que a zona glandular presenta pequenas glándulas salivares menores. O padal duro atópase ricamente innervado.
O padal brando presenta músculo esquelético. O padal brando está interposto entre boca e as foxas nasais. Así, o epitelio que reviste a porción do padal brando que dá cara ás foxas nasais é igual ao que as reviste a elas mesmas, de tipo prismático pseudoestratificado, en tanto que o epitelio que dá cara á boca é plano pluriestratificado con probable paraqueratose. O padal brando presenta submucosa. No padal brando todas as glándulas son de tipo mucoso.
O padal constitúe a parede superior ou teito da cavidade oral. Está dividido en dúas partes, a bóveda palatina ou padal óseo nos seus dous terzos anteriores, e o padal brando ou veo do padal no seu terzo posterior. No centro e na parte máis posteroinferior do veo do padal atópase pendurada a úvula ou pinguel.