Paulo Novás: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Xas (conversa | contribucións)
Nova páxina: "'''Paulo Novás Souto''', nado en San Paulo en 1900 e finado en Pontevedra o 12 de novembro de 1936, foi un mestre e político ..."
 
Xas (conversa | contribucións)
m Xas moveu a páxina "Paulo Novás Souto" a "Paulo Novás": Nome máis coñecido
(Sen diferenzas.)

Revisión como estaba o 28 de agosto de 2012 ás 12:00

Paulo Novás Souto, nado en San Paulo en 1900 e finado en Pontevedra o 12 de novembro de 1936, foi un mestre e político galego.

Traxectoria

Placa en Pontevedra en memoria dos fusilados o 12 de novembro de 1936.

Nado en Brasil, retornou coa familia a Galicia sendo novo. Fíxose mestre polo Plano de Estudos de 1914. Foi mestre da escola mixta de Santa María de Sacos (1925-1927) e despois en Cobres. Creada en 1931 unha sección de Escola Preparatoria de Ingreso no Instituto de Pontevedra, accedeu a esta praza. Pertenceu á comisión organizadora da "Casa del Maestro" de Pontevedra. Militante de Izquierda Republicana. Coa sublevación do 18 de xullo de 1936 foi detido e xulgado en consello de guerra sumarísimo o 1 de novembro. Condenado a morte, foi fusilado na estrada de Campañó o 12 de novembro de 1936.

Véxase tamén

Bibliografía

  • Porto Ucha, Anxo S. (2011). "Paulo Novás Souto". Hermes&Atenea I (8): 30. Consultado o 28 de agosto de 2012. 

Ligazóns externas