Urbano VI, papa: Diferenzas entre revisións
m r2.7.3) (Bot: Modifico: yo:Pópù Urban VI |
m r2.7.2+) (Bot: Modifico: yo:Pópù Urban 6k |
||
Liña 63: | Liña 63: | ||
[[vi:Giáo hoàng Urbanô VI]] |
[[vi:Giáo hoàng Urbanô VI]] |
||
[[war:Papa Urbano VI]] |
[[war:Papa Urbano VI]] |
||
[[yo:Pópù Urban |
[[yo:Pópù Urban 6k]] |
||
[[zh:烏爾巴諾六世]] |
[[zh:烏爾巴諾六世]] |
Revisión como estaba o 25 de agosto de 2012 ás 20:39
Urbano VI, nado Bartolomeo Prignano en Nápoles, ca. 1318 e falecido en Roma o 15 de outubro de 1389, foi Papa da Igrexa católica entre 1378 e a súa morte.
Traxectoria
Natural de Nápoles, foi un monxe devoto e un culto sofista. Chegou a arcebispo de Bari en 1377, e, tras a morte do papa Gregorio XI, cando o pobo de Roma requería con clamor un papa italiano, foi eleito por unanimidade o (8 de abril de 1378) polos cardeais franceses. O temperamento arrogante e imperioso do novo papa, acrecentado pola súa inesperada sorte, mostrouse dun modo tan intolerábel, que cinco meses logo a maioría dos cardeais reuníronse en Fondi, e rexeitaron a votación precedente, e procederon á elección de Roberto da Xenebra (20 de setembro), quen escolleu o título de Clemente VII. Este episodio abriu a vía ao Grande Cisma, que dividiu a cristiandade durante case corenta anos.
As medidas tomadas por Urbano non careceron de vigor, mais ao tempo caracterizáronse polo desexo de prudencia e autocontrol, para non dár pábulo de que fose en realidade, polo menos a treitos, un lunático. Clemente VII foi escomungado, e indicado como anticristo; vinte e seis novos cardeais foron nomeados nun só día, e con arbitraria alleación das propiedades da Igrexa, foron recollidos fondos para unha guerra aperta.
O Castelo de Sant'Angelo foi asediado e tomado, e o antipapa Clemente VII obrigado a fugarse, mentres Carlos de Durazzo foi investido con a soberanía de Nápoles, deixada pola raíña Giovanna.
De seguido, Carlos principiou a resistir as pretensións papais, e Urbano refuxiouse en Nocera, no castelo de Parco, desde cuxos muros lanzaba diariamente tres anatemas contra os asediantes; por fin logrou atopar unha maneira de escapar e dirixiuse para Xénova, e á morte de Carlos, púxose á cabeza das súas topas, aparentemente con a intención de tomar Nápoli para o seu sobriño, se non para si mesmo.
Para recoller fondos proclamou un Xubileo, aínda que só transcorreran trinta e tres anos do decretado por Clemente VI, mais morreu antes de poder ver a celebración, en Roma, a causa das feridas recibidas dunha caída da súa mula, o 15 de outubro de 1389.
Sucedeulle Bonifacio IX.