Andrea Pirlo: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
m DEFAULTSORT -> ORDENAR
MerlIwBot (conversa | contribucións)
Liña 117: Liña 117:
[[mr:आंद्रेआ पिर्लो]]
[[mr:आंद्रेआ पिर्लो]]
[[ms:Andrea Pirlo]]
[[ms:Andrea Pirlo]]
[[mzn:پیرلو (گرمی)]]
[[mzn:آندره‌آ پیرلو]]
[[nl:Andrea Pirlo]]
[[nl:Andrea Pirlo]]
[[nn:Andrea Pirlo]]
[[nn:Andrea Pirlo]]

Revisión como estaba o 20 de xullo de 2012 ás 20:37

Modelo:InfFut2 Andrea Pirlo, nado o 19 de maio de 1979 en Flero (Brescia), é un futbolista italiano, de etnia xitana sinti[1]. Xoga de mediocampista e seu actual equipo é o Juventus FC da Serie A de Italia.

Traxectoria

Pirlo debutou profesionalmente no Brescia Calcio no ano 1994, disputando a Serie A da liga italiana. Pero o equipo descendeu á Serie B e na tempada 1996-97 logrou ascender de novo. Ao ano seguinte non conseguiu a permanencia, polo que o xogador fichou polo Inter de Milán.

No FC Internazionale non se estableceu nunca como xogador titular, e despois dunha tempada no club foi cedido á Reggina Calcio, onde realizou unha boa campaña. A tempada 2000–01 regresou ó Inter, pero ante a falta de minutos marchou cedido no mercado de inverno ao Brescia, novamente.

No verán de 2001 fichou polo AC Milan, o seu actual club, onde foi proclamado como un dos mellores centrocampistas do fútbol italiano e do mundo. Co AC Milan gañou a Liga de Campions dá UEFA 2002-03, Liga de Campions da UEFA 2006-07, así como a Supercopa de Europa e a Copa Mundial de Clubes dá FIFA. A nivel nacional tamén gañou todos os trofeos, a Liga e a Supercopa na tempada 2003-04, e a Copa un ano antes. Debido á corrente xenófoba en Italia, o campión foi vítima de insultos e ameazas graves pola súa condición étnica, xunto a outros futbolistas de orixe xitana como Zlatan Ibrahimović ou Siniša Mihajlović.

O 25 de maio de 2011, anunciouse o seu fichaxe pola Juventus FC por tres anos.[2]

Selección nacional

Foi internacional coa Selección de fútbol de Italia en 63 ocasions e marcou 8 goles. Debutou no ano 2002 ante Azerbaixán, a pesar de que xa xogara nas categorías inferiores, formando parte do equipo que gañou a Eurocopa sub-21 no ano 2000 e tamén do que gañou a medalla de bronce nos Xogos Olímpicos de Atenas 2004. Coa selección absoluta participou na Eurocopa 2004 e coa que xogou e gañou a Copa Mundial de Fútbol de 2006, marcando un gol á selección nacional de Ghana no partido inaugural de Italia e o pase a o gol a Fabio Grosso na semifinal contra Alemania (2:0).

Na Euro 2008 marcou un gol de penalti, que serviu para poñer o seu equipo adiante, na victoria de Italia 2-0, no partido definitivo da fase de grupos contra a Francia, logrando así avanzar a Cuartos de Final.

Notas