Jordi Hereu: Diferenzas entre revisións
Liña 16: | Liña 16: | ||
O [[22 de maio]] de [[2011]] perdeu as eleccións contra [[Xavier Trias]] de [[CiU]], que foi investido alcalde o [[1 de xullo]]. |
O [[22 de maio]] de [[2011]] perdeu as eleccións contra [[Xavier Trias]] de [[CiU]], que foi investido alcalde o [[1 de xullo]]. |
||
{{Start box}} |
|||
{{Sucesión |
|||
{{Succession box |
|||
| título = [[Ficheiro:Escudo de Barcelona.svg|25px]]<br/>Alcalde de Barcelona |
| título = [[Ficheiro:Escudo de Barcelona.svg|25px]]<br/>Alcalde de Barcelona |
||
| período = [[2006]]-[[2011]] |
| período = [[2006]]-[[2011]] |
||
Liña 22: | Liña 23: | ||
| sucesor = [[Xavier Trias]] |
| sucesor = [[Xavier Trias]] |
||
}} |
}} |
||
{{End box}} |
|||
== Véxase tamén == |
== Véxase tamén == |
Revisión como estaba o 10 de xullo de 2012 ás 14:02
Jordi Hereu i Boher, nado en Barcelona o 14 de xuño de 1965, é un político catalán, alcalde de Barcelona dende 2006 e 2011, e militante do Partit dels Socialistes de Catalunya dende 1987.
Traxectoria
Pasou a súa infancia no casco antigo do barrio de Sant Gervasi, a onde a súa familia se trasladou por obrigacións do negocio familiar (o seu pai era empresario do sector lácteo), logo de residir en Ciutat Vella e no Eixample. A súa familia, non obstante, é orixinal da comarca catalá do Pallars Jussà.
Cando era pequeno e mozo, Hereu foi escolta e cursou os seus estudos primarios e o bacharelato na Escola Sant Gregori, un centro escolar en Sarrià-Sant Gervasi que destacaba polo seu talante democrático. Posteriormente licenciouse en Administración e Dirección de Empresas e obtuvo un MBA en ESADE. Foi membro das asociacións de estudantes AIESEC e Empresa Joventut entre 1986 e 1988.
Hereu está casado e ten dous fillos. Entre as súas aficións destaca a lectura, o cinema e a música.
Alcalde de Barcelona
O 29 de agosto de 2006 anunciouse a súa designación como candidato do seu partido a suceder a Joan Clos á fronte da alcaldía da cidade, cuxo substitución tivo lugar o 8 de setembro de 2006, debido á designación de Clos como responsable do Ministerio de Industria, Turismo e Comercio.
Nos comicios electorais do 27 de maio de 2007, a lista encabezada por Jordi Hereu foi a máis votada, conseguindo 14 concelleiros. Co apoio de Iniciativa per Catalunya, Hereu foi novamente investido Alcalde o 16 de xuño de 2007.
O 22 de maio de 2011 perdeu as eleccións contra Xavier Trias de CiU, que foi investido alcalde o 1 de xullo.
Predecesor: Joan Clos |
Alcalde de Barcelona 2006-2011 |
Sucesor: Xavier Trias |
Véxase tamén
Ligazóns externas
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Jordi Hereu |