Giacomo Casanova: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
JYBot (conversa | contribucións)
m Bot: Substitución automática de texto (-|thumb| +|miniatura| & -|thumbnail| +|miniatura|)
Liña 1: Liña 1:
[[Ficheiro:Casanova ritratto.jpg|thumb|Retrato de Giacomo Casanova([[Francesco Casanova]], ~[[1750]])]]
[[Ficheiro:Casanova ritratto.jpg|miniatura|Retrato de Giacomo Casanova([[Francesco Casanova]], ~[[1750]])]]
'''Giacomo Girolamo Casanova''', cabaleiro de Sengalt (título nobiliario que el mesmo se concedeu), nado en [[Venecia]] o [[2 de abril]] de [[1725]] e falecido o [[4 de xuño]] de [[1798]] en [[Dukhtsov]], na actual [[República Checa]], foi un aventureiro, viaxeiro e escritor [[Italia|italiano]].
'''Giacomo Girolamo Casanova''', cabaleiro de Sengalt (título nobiliario que el mesmo se concedeu), nado en [[Venecia]] o [[2 de abril]] de [[1725]] e falecido o [[4 de xuño]] de [[1798]] en [[Dukhtsov]], na actual [[República Checa]], foi un aventureiro, viaxeiro e escritor [[Italia|italiano]].



Revisión como estaba o 16 de xuño de 2012 ás 14:59

Retrato de Giacomo Casanova(Francesco Casanova, ~1750)

Giacomo Girolamo Casanova, cabaleiro de Sengalt (título nobiliario que el mesmo se concedeu), nado en Venecia o 2 de abril de 1725 e falecido o 4 de xuño de 1798 en Dukhtsov, na actual República Checa, foi un aventureiro, viaxeiro e escritor italiano.

Traxectoria

O seu nome ficou asociado coas súas numerosas aventuras amorosas, que fixeron del un símbolo de conquistador. A súa fama como escritor baséase no seu voluminoso libro autobiográfico Historia da miña vida, escrito en francés e traducido a máis de vinte linguas, no que amosa un amplo panorama da vida das clases altas e burguesas da Europa do seu tempo e relata as súas relacións con mulleres de todos os ámbitos da sociedade. Casanova é un personaxe de lenda na cultura mundial á que dedicaron obras literarias ou ensaios Richard Aldington, Arthur Schnitzler, Marina Tsvetaeva ou Stefan Zweig. É tamén protagonista dunha ópera de Johann Strauss e da película de Federico Fellini Il Casanova di Federico Fellini.

Modelo:Link FA