Baía de Alxeciras: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Angeldomcer (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
m Bot: Substitución automática de texto (-|thumb| +|miniatura| & -|thumbnail| +|miniatura|)
Liña 1: Liña 1:
[[Ficheiro:Bahía Algeciras.jpg|thumb|260 px|Mapa do [[século XVIII]].]]
[[Ficheiro:Bahía Algeciras.jpg|miniatura|260 px|Mapa do [[século XVIII]].]]


A '''Baía de Algeciras''' é unha [[baía]] situada no sur da [[península Ibérica]], no [[estreito de Xibraltar]], pechada ao leste pola península homónima, onde se acha a [[Rocha de Xibraltar]]. Ten uns 10 km de longo por uns 8 de ancho, o que se traduce nunha superficie de 7.500 hectáreas, con profundidades de ata 400 m no centro da baía.
A '''Baía de Algeciras''' é unha [[baía]] situada no sur da [[península Ibérica]], no [[estreito de Xibraltar]], pechada ao leste pola península homónima, onde se acha a [[Rocha de Xibraltar]]. Ten uns 10 km de longo por uns 8 de ancho, o que se traduce nunha superficie de 7.500 hectáreas, con profundidades de ata 400 m no centro da baía.

Revisión como estaba o 16 de xuño de 2012 ás 12:12

Mapa do século XVIII.

A Baía de Algeciras é unha baía situada no sur da península Ibérica, no estreito de Xibraltar, pechada ao leste pola península homónima, onde se acha a Rocha de Xibraltar. Ten uns 10 km de longo por uns 8 de ancho, o que se traduce nunha superficie de 7.500 hectáreas, con profundidades de ata 400 m no centro da baía.

As súas ribeiras pertencen, de oeste a leste e en sentido horario, aos municipios de Algeciras, Los Barrios, San Roque e La Línea de la Concepción (na provincia española de Cádiz), e ao Territorio Británico de Ultramar de Xibraltar.

Nas súas beiras atópanse dous activos portos, o de Xibraltar e o de Algeciras (o cal, co nome de Baía de Algeciras, ocupa a práctica totalidade da ribeira española).

Dous faros sinalizan a entrada á baía, o de Punta de Europa, en Xibraltar, ao leste, e o de Punta Carnero, na costa alxecireña, ao oeste.

Polémicas

A baía de Algeciras é escenario continuo de protestas de grupos ecoloxistas, os cales denuncian especialmente o denominado bunkering. Esta actividade consiste no traspaso de petróleo ou derivados deste dun barco a outro no mar. Producíronse nos últimos anos accidentes de gabarras destinadas a esta actividade, especialmente con destino a Xibraltar, que se traduciron en verteduras de fuel e outros derivados.

Aproximadamente transvásanse 5 millóns de toneladas de fuel mariño cada ano. Estes transvasamentos lévanos a cabo sobre todo tres compañías con base en Xibraltar.

Tamén xurdiu polémica a presenza de barcos cazatesouros na Baía durante o ano 2007 que, segundo as autoridades españolas puideron espoliar xacementos arqueolóxicos subacuáticos de importancia.