Impulso (aerodinámica): Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Amirobot (conversa | contribucións)
m r2.7.1) (bot Engadido: tr:İtme kuvveti
m r2.7.2) (Bot: Engado: ta:உந்துவிசை
Liña 38: Liña 38:
[[scn:Ammuttata]]
[[scn:Ammuttata]]
[[simple:Thrust]]
[[simple:Thrust]]
[[ta:உந்துவிசை]]
[[tr:İtme kuvveti]]
[[tr:İtme kuvveti]]
[[uk:Тяга (літак)]]
[[uk:Тяга (літак)]]

Revisión como estaba o 15 de xuño de 2012 ás 06:24

O impulso é unha tensión de reacción descrita cuantitativamente pola terceira lei de Newton. Cando un sistema expele ou acelera masa nunha dirección (acción), a masa acelerada causará unha forza igual en dirección contraria (reacción).

Matematicamente isto significa que a forza total experimentada por un sistema de masa m é igual e oposta a m veces a aceleración a, experimentada pola masa:

Exemplos

Forzas sobre un perfil alar.

Un avión xera impulso cara a adiante cando a hélice que xira empurra o aire, ou expulsa os gases expansivos do reactor, cara a atrás do avión. O impulso cara a adiante é proporcional á masa do aire multiplicada pola velocidade media do fluxo de aire.

Similarmente, un barco xera impulso cara a adiante (ou cara a atrás) cando a hélice empurra auga cara a atrás (ou cara a adiante). O impulso resultante empurra ao barco en dirección contraria á suma do cambio de momento da auga que flúe a través da hélice.

Un foguete (e toda a masa unida a el) é propulsado cara a adiante por un impulso igual e en dirección oposta á masa multiplicada pola súa velocidade respecto ao foguete.