Andre Iguodala: Diferenzas entre revisións
m r2.7.1) (Bot: Engado: fa:آندره ایگودالا |
|||
Liña 122: | Liña 122: | ||
* Integrante do ''NBA All-Rookie'' (primer equipo) na temporada [[2003]]-[[2004]]. |
* Integrante do ''NBA All-Rookie'' (primer equipo) na temporada [[2003]]-[[2004]]. |
||
* Elixido no equipo dos ''Rookies'' para o partido contra os ''Sophomores'' do [[Rookie Challenge]] de [[2005]] en [[Denver]]. |
* Elixido no equipo dos ''Rookies'' para o partido contra os ''Sophomores'' do [[Rookie Challenge]] de [[2005]] en [[Denver]]. |
||
* Elixido no equipo dos ''Sophomores'' para o partido contra os ''Rookies'' do [[Rookie Challenge]] de [[2006]] en [[Houston]], elixido MVP pola súa excelente actuación (30 punt. 4 rob. 3 asist. en 12 min.) |
* Elixido no equipo dos ''Sophomores'' para o partido contra os ''Rookies'' do [[Rookie Challenge]] de [[2006]] en [[Houston, Texas|Houston]], elixido MVP pola súa excelente actuación (30 punt. 4 rob. 3 asist. en 12 min.) |
||
== Notas == |
== Notas == |
Revisión como estaba o 8 de xuño de 2012 ás 11:48
Philadelphia 76ers – No. 9 | |
Posición | Escolta/Aleiro |
---|---|
Liga | NBA |
Información persoal | |
Nacemento | 28 de xaneiro de 1984 (40 anos) Springfield, Illinois |
Nacionalidade | Estados Unidos |
Altura | 1,98 m (6 ft 6 in) |
Peso oficial | 94 kg (207 lb) |
Información da carreira | |
Instituto | Lanphier |
Universidade | Arizona |
NBA Draft | 2004 / Rolda: 1 / Elección: 9 Por Philadelphia 76ers |
Carreira | dende 1999 |
Historial de equipos | |
Philadelphia 76ers (2004-actualidade) | |
Premios e galardóns | |
1× NBA All-Star (2012) | |
Información en nba.com |
Andre Tyler Iguodala, nado o 28 de xaneiro de 1984 en Springfield (Illinois), é un xogador de baloncesto estadounidense que milita nos Philadelphia 76ers, na NBA. Iguodala tamén é coñecido polos alcumes Iggy ou "O outro AI" (aclarando este último ao dicir que AI son tamén as inicias de Allen Iverson).
Traxectoria
Inicios
Xogou para o seu instituto, Lanphier HS (Illinois), onde firmou medias de 23,5 puntos, 7,9 rebotes e 4,2 asistencias por partido. Estes números outorgáronlle a mención do Chicago Sun-Times Player of the Year.
Iguodala estivo na Universidade de Arizona durante dúas temporadas, anotando 594 puntos totais, 409 rebotes e 95 roubos nos 62 partidos, sendo titular en 34 deles. As súas medias universitarios foron de 9.6 puntos, 6.6 rebotes e 1.53 roubos por encontro.
NBA
Iguodala, que pode xogar tanto de escolta tomo de aleiro, mide 1,98 metros de altura e pesa 94 quilos. Chagou á NBA mediante o Draft, resultando a novena elección do Draft da NBA de 2004, dende a Universidade de Arizona. No seu primeiro ano na liga, chegou a ser un gran xogador, terminando o ano dentro do mellor quinteto de Rookies e xogando no Rookie Challenge como titular. Nesas mesmas fechas, o xogador trocou o seu dorsal, que ata agora fora o 4, polo número 9; outorgándolle o anterior a Chris Webber. Posteriormente o mesmo Webber deu a coñecer que anteriormente lle regalara un Rolex a Iguodala para que el lle dese o número. Na temporada 2004-2005 foi o único rookie en conseguir un triplo-dobre, así como o único que disputou os 82 partidos de liga regular como titular (máis 5 de Playoffs). Ao ano seguinte, o que ata agora fora o seu compañeiro de equipo, Allen Iverson, abandonou aos Sixers, e Iguodala tomou máis importancia. Iverson volveu á franquicia no 2009, e Iguodala xa era un dos líderes do conxunto, con unha alta capacidade atlética para facer mates e un impoñente físico. Ao seguinte ano, 2010, a ausencia de estrelas de cara ao Mundial de Turquía fixo que USA Basketball chamase á súa porta. Iguodala incorporouse ás filas da selección estadounidense para acudir ao Mundial, onde resultaron imbatidos nos partidos previos ás eliminatorias.
Foi elixido por primeira vez para xogar o All-Star Game da NBA no ano 2012.[1]
Estatísticas NBA
Temporada regular
Ano | Equipo | PX | PT | MPP | %TC | %3P | %TL | RPP | APP | ROU | TPP | PPP |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
2004–05 | Philadelphia | 82 | 82 | 32.8 | .493 | .331 | .743 | 5.7 | 3.0 | 1.7 | .6 | 9.0 |
2005–06 | Philadelphia | 82 | 82 | 37.6 | .500 | .354 | .754 | 5.9 | 3.1 | 1.6 | .3 | 12.3 |
2006–07 | Philadelphia | 76 | 76 | 40.3 | .447 | .310 | .820 | 5.7 | 5.7 | 2.0 | .4 | 18.2 |
2007–08 | Philadelphia | 82 | 82 | 39.5 | .456 | .329 | .721 | 5.4 | 4.8 | 2.1 | .6 | 19.9 |
2008–09 | Philadelphia | 82 | 82 | 39.9 | .473 | .307 | .724 | 5.7 | 5.3 | 1.6 | .4 | 18.8 |
2009–10 | Philadelphia | 82 | 82 | 38.9 | .443 | .310 | .733 | 6.5 | 5.8 | 1.7 | .7 | 17.1 |
Total | 486 | 486 | 38.1 | .464 | .321 | .751 | 5.8 | 4.6 | 1.8 | .5 | 15.9 |
Playoffs
Año | Equipo | PJ | PT | MPP | %TC | %3P | %TL | RPP | APP | ROB | TPP | PPP |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
2004–05 | Philadelphia | 5 | 5 | 38.4 | .465 | .333 | .500 | 4.6 | 3.0 | 2.8 | 1.0 | 9.8 |
2007–08 | Philadelphia | 6 | 6 | 39.0 | .333 | .143 | .721 | 4.8 | 5.0 | 2.2 | .2 | 13.2 |
2008–09 | Philadelphia | 6 | 6 | 44.8 | .449 | .393 | .652 | 6.3 | 6.7 | 1.8 | .0 | 21.5 |
Total | 17 | 17 | 40.8 | .414 | .314 | .663 | 5.3 | 5.0 | 2.2 | .3 | 15.1 |
Palmarés
Consideracións personais
- Eleccións All-Star: 2012
- Integrante do NBA All-Rookie (primer equipo) na temporada 2003-2004.
- Elixido no equipo dos Rookies para o partido contra os Sophomores do Rookie Challenge de 2005 en Denver.
- Elixido no equipo dos Sophomores para o partido contra os Rookies do Rookie Challenge de 2006 en Houston, elixido MVP pola súa excelente actuación (30 punt. 4 rob. 3 asist. en 12 min.)
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
- Perfil en NBA.com (en inglés)