Maximiliano I de México: Diferenzas entre revisións
m r2.7.2) (Bot: Engado: eu:Maximiliano I.a Mexikokoa |
m left -> esquerda |
||
Liña 1: | Liña 1: | ||
[[Ficheiro:Maximilian by Winterhalter.jpg|thumb| |
[[Ficheiro:Maximilian by Winterhalter.jpg|thumb|esquerda|Maximiliano(1832-1867), arquiduque austríaco e Emperador de México, fillo de Franz Karl, arquiduque da Austria, e de Sophie, Princesa da Bavaria.]] |
||
'''Ferdinand Maximilian Joseph von Habsburg-Lothringen''', nado o [[6 de xullo]] de [[1832]] en [[Viena]] e finado o [[19 de xuño]] de [[1867]] en [[Santiago de Querétaro]], foi arquiduque de [[Austria]] e príncipe de [[Hungría]] e [[Bohemia]], mais renunciou aos seus títulos para converterse no emperador '''Maximiliano I''' de [[México]], quen encabezou o [[Segundo Imperio Mexicano]], entre [[1863]] e [[1867]]. |
'''Ferdinand Maximilian Joseph von Habsburg-Lothringen''', nado o [[6 de xullo]] de [[1832]] en [[Viena]] e finado o [[19 de xuño]] de [[1867]] en [[Santiago de Querétaro]], foi arquiduque de [[Austria]] e príncipe de [[Hungría]] e [[Bohemia]], mais renunciou aos seus títulos para converterse no emperador '''Maximiliano I''' de [[México]], quen encabezou o [[Segundo Imperio Mexicano]], entre [[1863]] e [[1867]]. |
||
Revisión como estaba o 27 de maio de 2012 ás 22:53
Ferdinand Maximilian Joseph von Habsburg-Lothringen, nado o 6 de xullo de 1832 en Viena e finado o 19 de xuño de 1867 en Santiago de Querétaro, foi arquiduque de Austria e príncipe de Hungría e Bohemia, mais renunciou aos seus títulos para converterse no emperador Maximiliano I de México, quen encabezou o Segundo Imperio Mexicano, entre 1863 e 1867.
Era irmán do emperador de Austria, Francisco Xosé e curmán de Pedro II do Brasil. Casado coa princesa Carlota de Bélxica, tamén coñecida como emperatriz Carlota de México. Foi persuadido polo emperador francés Napoleón III e por realistas mexicanos a aceptar a coroa do recén-fundado Imperio Mexicano (1864-1867).
A Aventura de Maximiliano de Habsburgo - como foi chamada no México - non pasou dun triste episodio de intereses creados, inxenuidade e desespero. Os conservadores viron na súa persoa a posibilidade de manter un sistema político que lles era cómodo e que lles parecía seguro por contar co apoio de Francia, de Inglaterra e da Santa Sé. O arquiduque austríaco, pola súa parte, de certo modo condenado a ser sempre o irmán do emperador de Austria, aceptou o papel que lle era ofrecido desempeñar nun país completamente descoñecido para el e sumido nunha profunda crise política.
Debido ás súas tendencias liberais, logo perdeu o apoio dos conservadores. Foi o punto de mira das hostilidades dos seguidores de Benito Juárez, os republicanos, ao ordenar a execución sumaria dos seus líderes (1865). A única protección de Maximiliano era a presenza de tropas francesas; cando estas se retiraron (1866-1867), el asumíu persoalmente o comando de seus soldados. Após dun cerco en Santiago de Querétaro, foi capturado, aprisionado, xulgado por unha corte marcial e fusilado xunto cos seus xenerais Tomás Mejía e Miguel Miramón.
Coa súa morte, a pretensión ao trono mexicano foi reivindicada por dous ramos distintos. Os Habsburgo-Itúrbide, por pedimento dos netos do primeiro emperador de México Agustín de Iturbide.