Urbano VI, papa: Diferenzas entre revisións
m r2.7.1) (Bot: Engado: be-x-old:Урбан VI |
m arranxo ligazóns a homónimos |
||
Liña 4: | Liña 4: | ||
==Traxectoria== |
==Traxectoria== |
||
Natural de Nápoles, foi un monxe devoto e un culto sofista. Chegou a arcebispo de [[arquidiocese de Bari|Bari]] en [[1377]], e, tras a morte do papa [[Gregorio XI, Papa|Gregorio XI]], cando o pobo de [[Roma]] requería con clamor un papa italiano, foi eleito por unanimidade o ([[8 de abril]] de [[1378]]) polos [[ |
Natural de Nápoles, foi un monxe devoto e un culto sofista. Chegou a arcebispo de [[arquidiocese de Bari|Bari]] en [[1377]], e, tras a morte do papa [[Gregorio XI, Papa|Gregorio XI]], cando o pobo de [[Roma]] requería con clamor un papa italiano, foi eleito por unanimidade o ([[8 de abril]] de [[1378]]) polos [[Cardeal (relixión)|cardeais]] franceses. O temperamento arrogante e imperioso do novo papa, acrecentado pola súa inesperada sorte, mostrouse dun modo tan intolerábel, que cinco meses logo a maioría dos cardeais reuníronse en [[Fondi]], e rexeitaron a votación precedente, e procederon á elección de Roberto da Xenebra ([[20 de setembro]]), quen escolleu o título de [[Clemente VII, Antipapa |Clemente VII]]. Este episodio abriu a vía ao [[Cisma de occidente|Grande Cisma]], que dividiu a cristiandade durante case corenta anos. |
||
As medidas tomadas por Urbano non careceron de vigor, mais ao tempo caracterizáronse polo desexo de prudencia e autocontrol, para non dár pábulo de que fose en realidade, polo menos a treitos, un lunático. Clemente VII foi [[Escomuñón|escomungado]], e indicado como [[anticristo]]; vinte e seis novos cardeais foron nomeados nun só día, e con arbitraria alleación das propiedades da Igrexa, foron recollidos fondos para unha guerra aperta. |
As medidas tomadas por Urbano non careceron de vigor, mais ao tempo caracterizáronse polo desexo de prudencia e autocontrol, para non dár pábulo de que fose en realidade, polo menos a treitos, un lunático. Clemente VII foi [[Escomuñón|escomungado]], e indicado como [[anticristo]]; vinte e seis novos cardeais foron nomeados nun só día, e con arbitraria alleación das propiedades da Igrexa, foron recollidos fondos para unha guerra aperta. |
Revisión como estaba o 11 de maio de 2012 ás 23:00
Urbano VI, nado Bartolomeo Prignano en Nápoles, ca. 1318 e falecido en Roma o 15 de outubro de 1389, foi Papa da Igrexa católica entre 1378 e a súa morte.
Traxectoria
Natural de Nápoles, foi un monxe devoto e un culto sofista. Chegou a arcebispo de Bari en 1377, e, tras a morte do papa Gregorio XI, cando o pobo de Roma requería con clamor un papa italiano, foi eleito por unanimidade o (8 de abril de 1378) polos cardeais franceses. O temperamento arrogante e imperioso do novo papa, acrecentado pola súa inesperada sorte, mostrouse dun modo tan intolerábel, que cinco meses logo a maioría dos cardeais reuníronse en Fondi, e rexeitaron a votación precedente, e procederon á elección de Roberto da Xenebra (20 de setembro), quen escolleu o título de Clemente VII. Este episodio abriu a vía ao Grande Cisma, que dividiu a cristiandade durante case corenta anos.
As medidas tomadas por Urbano non careceron de vigor, mais ao tempo caracterizáronse polo desexo de prudencia e autocontrol, para non dár pábulo de que fose en realidade, polo menos a treitos, un lunático. Clemente VII foi escomungado, e indicado como anticristo; vinte e seis novos cardeais foron nomeados nun só día, e con arbitraria alleación das propiedades da Igrexa, foron recollidos fondos para unha guerra aperta.
O Castelo de Sant'Angelo foi asediado e tomado, e o antipapa Clemente VII obrigado a fugarse, mentres Carlos de Durazzo foi investido con a soberanía de Nápoles, deixada pola raíña Giovanna.
De seguido, Carlos principiou a resistir as pretensións papais, e Urbano refuxiouse en Nocera, no castelo de Parco, desde cuxos muros lanzaba diariamente tres anatemas contra os asediantes; por fin logrou atopar unha maneira de escapar e dirixiuse para Xénova, e á morte de Carlos, púxose á cabeza das súas topas, aparentemente con a intención de tomar Nápoli para o seu sobriño, se non para si mesmo.
Para recoller fondos proclamou un Xubileo, aínda que só transcorreran trinta e tres anos do decretado por Clemente VI, mais morreu antes de poder ver a celebración, en Roma, a causa das feridas recibidas dunha caída da súa mula, o 15 de outubro de 1389.
Sucedeulle Bonifacio IX.