Ngultrum: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
m Substitución auto
JhsBot (conversa | contribucións)
m r2.7.3) (Bot: Modifico: no:Bhutansk ngultrum
Liña 130: Liña 130:
[[nl:Ngultrum]]
[[nl:Ngultrum]]
[[nn:Ngultrum]]
[[nn:Ngultrum]]
[[no:Ngultrum]]
[[no:Bhutansk ngultrum]]
[[pl:Ngultrum]]
[[pl:Ngultrum]]
[[pt:Ngultrum]]
[[pt:Ngultrum]]

Revisión como estaba o 9 de maio de 2012 ás 12:04

Ngultrum
(Dzongkha)
Código:BTN
Ámbito: Bután
Símbolo:Nu.
Fracción:100 chhertum
Moedas:20, 25 e 50 chhertum e 1 ngultrum
Billetes:1, 5, 10, 20, 50, 100, 500, e 1000 ngultrum[1]
Emisor:Autoridade Monetaria Real
Taxa de troco:
3-04-2010
1 EUR = 60,628 BTN
1 USD = 44,895 BTN
Troco actual

O ngultrum (código BTN) (en dzongkha: དངུལ་ཀྲམ) é a moeda oficial de Bután dende 1974. Divídese en 100 chhertum.

Historia

En 1974, o ngultrum foi introducido sustituíndo á rupia butanesa á par. O ngultrum ten a paridade fixada coa rupia india.

India asiste ao goberno butanés dende a década de 1960 no desenvolvemento económico do país. O ngultrum non se troca independentemente con outras moedas, mais é intercambiable coa rupia india.

Moedas

En 1974 introducíronse as moedas de aluminio de 5 e 10 chetrum, as de aluminio-bronce de 20 chetrums e cuproníquel de 25 chetrums e 1 ngultrum. A moeda de 5 chetrum foi cadrada e a de 10 chetrum ondulada. En 1979 introduciuse unha nova serie de 5 e 10 chhertum en bronce, e 25 e 50 chhertum e 1 ngultrum en cuproníquel. Tamén se acuñaron moedas de 25 chhertum en bronce-aluminio. As moedas de 5 e 10 chhertum hai tempo que deixaron de circular.

Billetes

En 1974 foron introducidos os billetes de 1, 5 e 10 ngultrum polo Goberno Real, seguidos dos billetes 100 ngultrums en 1978 e 2, 20 e 50 ngultrums en 1981. A Autoridade Monetaria Real de Bután asumiu as competencias de emisión de billetes en 1986. En 2006, a Autoridade Monetaria introduciu unha nova serie de billetes, incluíndo o de 1 ngultrum.[2]

Previous series [1]
Imaxe Valor Dimensións Cor Descripción
Anverso Reverso Anverso Reverso Marca de auga
Nu.1 Azul Escudo de armas, dous dragóns Simtokha Dzong "Royal Monetary Authority" nas marxes superior e inferior.
Nu.5 130 × 62 mm Laranxa Escudo de armas, dous paxaros mitolóxicos (Bja Tshering, o paxaro da longa vida) Paro Rinpung Dzong
Nu.10 140 × 70 mm Violeta Escudo de armas, Dungkar (cuncha) (un dos oito símbolos da boa sorte), Jigme Singye Wangchuck
Nu.20 152 × 70 mm Amarelo e verde Escudo de armas, Khorlo (roda de arma, un dos sete símbolos de auspicios), Jigme Dorji Wangchuck Punakha Dzong
Nu.50 155 × 70 mm Pink Trongsa Dzong, dous paxaros mitolóxicos Bja Tshering (paxaro da longa vida)
Nu.100 161 × 70 mm Green Norbu Rimpochhe (un dos sete símbolos de auspicios), Jigme Singye Wangchuck Tashichho Dzong Crossed Dorji (Dorji jardrum)
Nu.500 160 × 70 mm Red Norbu Rimpochhe rodeado por dous dragóns (un dos sete símbolos de auspicios), Ugyen Wangchuck Punakha Dzong

Véxase tamén

Notas

Ligazóns