Illas Chatham: Diferenzas entre revisións
m r2.7.1) (Bot: Engado: be:Астравы Чатэм, uk:Чатем (архіпелаг) |
m r2.7.2+) (Bot: Modifico: yo:Àwọn Erékùṣù Chatham |
||
Liña 63: | Liña 63: | ||
[[sv:Chathamöarna]] |
[[sv:Chathamöarna]] |
||
[[uk:Чатем (архіпелаг)]] |
[[uk:Чатем (архіпелаг)]] |
||
[[yo: |
[[yo:Àwọn Erékùṣù Chatham]] |
||
[[zh:查塔姆群岛]] |
[[zh:查塔姆群岛]] |
Revisión como estaba o 8 de maio de 2012 ás 18:24
O arquipélago das illas Chatham ("Rekohu" na lingua moriori), abrangue 10 illas nun radio de 40 km. Pertencen a Nova Zelandia.
Xeografía
O arquipélago atópase situado 800 km. ao leste da cidade neozelandesa de Christchurch. As illas pertencen oficialmente a Nova Zelandia desde 1842. A superficie total das illas é de 996 km², case toda se localiza nas 2 illas maiores, Chatham e Pitt. Estas illas principais son as únicas habitadas, e as illas menores teñen, en gran parte, reservas que posúen un acceso restrinxido ou prohibido.
As illas son:
A maioría destas terras están cobertas por felgos e pastos, aínda que hai algunhas áreas de bosques. O terreo é accidentado, máis na illa Pitt, onde se localiza o punto máis alto a 290 m.
A illa principal desta cadea tén numerosos lagos e lagoas, sendo a maior, a lagoa Te Whanga. Outros lagos da illa Chatham son o Huro e o Rangitahi, e entre os regatos están o Te Awainanga e o Tuku.
Historia
Os primeiros habitantes destas illas pertencían a tribos inmigrantes da Polinesia, que se estableceron arredor do ano 1000 ddC., e deste isolamento surxeu o pobo Moriori. A orixe exacta desta xente permanece como tema de varias discusións. Algúns postulan que viñeron directamente das illas da Polinesia localizadas máis ao norte, mais na actualidade a crenza xeralizada é que os moarís teñen a súa orixe en Nova Zelandia[1]. Este debate tén un matiz político, xa que os actuais habitantes maorís, descendentes daqueles que invaderon e conquistaron o arquipélago en 1832, reclaman un acceso aos dereitos ancestrais maorís. Un extenso informe deses reclamos, Rekohu, foi publicado polo Tribunal Waitangi.
A poboación moriori das illas chega a 2000 habitantes. Viven como cazadores e recolectores, obtenendo o seu alimento do mar e da flora nativa. Esta sociedade viveu pacificamente, con pequenas organizacións, mais mantenendo unha poboación estábel mediante a castración dun certo porcentaxe dos nenos homes.
O nome da illa Chatham provén do barco HMS "Chatham", cuxo capitán William R. Broughton desembarcou o 29 de novembro de 1791 e reclamou posesión para a Gran Bretaña. Os cazadores de focas e de baleas fixeron axiña destas illas un centro das súas actividades. A pesca continua contribuíndo significativamente na economía, aínda que as industrias relacionadas coas focas e baleas cesaron as súas actividades arredor do 1861.
Notas
- ↑ Origins of the Moriori people Te Ara. The Encyclopedia of New Zealand