Alotropía: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Luckas-bot (conversa | contribucións)
m Fósforo (elemento)
Liña 1: Liña 1:
[[Ficheiro:Diamond and graphite.jpg|thumb|300px|Estruturas do Diamante e do grafito.]] '''Alotropía''' (Química) é a propiedade que posúen determinados [[elemento químico|elementos químicos]] de presentarse baixo estruturas moleculares diferentes, coma o [[Osíxeno molecular|osíxeno]], que pode presentarse como osíxeno atmosférico (O<sub>2</sub>) e como [[ozono]] (O<sub>3</sub>), ou con características físicas distintas, como o [[fósforo]], que se presenta como [[fósforo vermello]] e [[fósforo branco]] (P<sub>4</sub>), ou o [[carbono]], que o fai como [[grafito]], [[diamante]] e [[fulereno]]. Para que a un elemento se lle poida denominar como alótropo, as súas diferentes estruturas moleculares deben presentarse no mesmo estado físico.
[[Ficheiro:Diamond and graphite.jpg|thumb|300px|Estruturas do Diamante e do grafito.]] '''Alotropía''' (Química) é a propiedade que posúen determinados [[elemento químico|elementos químicos]] de presentarse baixo estruturas moleculares diferentes, coma o [[Osíxeno molecular|osíxeno]], que pode presentarse como osíxeno atmosférico (O<sub>2</sub>) e como [[ozono]] (O<sub>3</sub>), ou con características físicas distintas, como o [[Fósforo (elemento)|fósforo]], que se presenta como [[fósforo vermello]] e [[fósforo branco]] (P<sub>4</sub>), ou o [[carbono]], que o fai como [[grafito]], [[diamante]] e [[fulereno]]. Para que a un elemento se lle poida denominar como alótropo, as súas diferentes estruturas moleculares deben presentarse no mesmo estado físico.


A explicación das diferenzas que presentan nas súas propiedades atopáronse na disposición dos átomos de carbono no espazo. Por exemplo, nos cristais de diamante, cada átomo de carbono está unido a catro átomos de carbono veciños, adoptando unha ordenación en forma de [[tetraedro]] que lle confire unha particular dureza.
A explicación das diferenzas que presentan nas súas propiedades atopáronse na disposición dos átomos de carbono no espazo. Por exemplo, nos cristais de diamante, cada átomo de carbono está unido a catro átomos de carbono veciños, adoptando unha ordenación en forma de [[tetraedro]] que lle confire unha particular dureza.

Revisión como estaba o 4 de maio de 2012 ás 04:15

Estruturas do Diamante e do grafito.

Alotropía (Química) é a propiedade que posúen determinados elementos químicos de presentarse baixo estruturas moleculares diferentes, coma o osíxeno, que pode presentarse como osíxeno atmosférico (O2) e como ozono (O3), ou con características físicas distintas, como o fósforo, que se presenta como fósforo vermello e fósforo branco (P4), ou o carbono, que o fai como grafito, diamante e fulereno. Para que a un elemento se lle poida denominar como alótropo, as súas diferentes estruturas moleculares deben presentarse no mesmo estado físico.

A explicación das diferenzas que presentan nas súas propiedades atopáronse na disposición dos átomos de carbono no espazo. Por exemplo, nos cristais de diamante, cada átomo de carbono está unido a catro átomos de carbono veciños, adoptando unha ordenación en forma de tetraedro que lle confire unha particular dureza.

No grafito, os átomos de carbono están dispostos en capas superpostas e en cada capa ocupan os vértices de hexágonos regulares imaxinarios. Deste xeito, cada átomo está unido a tres da mesma capa con máis intensidade e a un da capa próxima en forma máis débil. Isto explica porqué o grafito é brando e untuoso ao tacto. A mina de grafito do lapis forma o trazo porque, ao desprazarse sobre o papel, adhírese a este unha pequena capa de grafito.

O diamante e o grafito, por seren dúas sustancias simples diferentes, sólidas, constituídas por átomos de carbono, reciben a denominación de variedades alotrópicas do elemento carbono.