Santiago de Querétaro: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
m r2.7.1) (Bot: Engado: cs:Santiago de Querétaro
Liña 10: Liña 10:
[[br:Santiago de Querétaro]]
[[br:Santiago de Querétaro]]
[[ca:Santiago de Querétaro]]
[[ca:Santiago de Querétaro]]
[[cs:Santiago de Querétaro]]
[[cy:Santiago de Querétaro]]
[[cy:Santiago de Querétaro]]
[[de:Santiago de Querétaro]]
[[de:Santiago de Querétaro]]

Revisión como estaba o 24 de abril de 2012 ás 17:26

Imaxe do Centro na cidade de Santiago de Querétaro.

Santiago de Querétaro é a capital do estado mexicano de Querétaro e capital do concello de Querétaro. A cidade fundouse o 25 de xullo de 1531 (o día do apóstolo Santiago, de aí o seu nome). O xentilicio dos seus habitantes é queretano. O nome colonial orixinal foi "Santiago de Querétaro", despois da Independencia de México quedou só en "Querétaro" ou "Cidade de Querétaro". Así e todo, logo do seu nomeamento en 1996 como Patrimonio Cultural da Humanidade, retornou ao nome orixinal de "Santiago de Querétaro", aínda que moitas persoas fóra do Estado identifícana co seu nome completo. O nome orixinal en purépecha era "K’eretarhu" o lugar da cidade grande, e o seu nome en otomí é "Ndämxei" e no náhuatl é Tlachco; todos os topónimos indíxenas significan en galego lugar do xogo de pelota.

O municipio de Querétaro, con 734.139 habitantes en 2005 (segundo o INEGI), é a terceira máis poboada da Rexión Bajío, despois de León de los Aldama e Morelia, aínda que a súa zona metropolitana (918.100 hab) supera á désta última cidade. A nivel nacional, é a undécima Zona Metropolitana máis poboada, soamente despois da Cidade de México, Guadalaxara, México, Monterrey, Puebla de Zaragoza, Toluca de Lerdo, León de los Aldama, Ciudad Juárez, Tijuana, Torreón, Mérida y San Luis Potosí. Pola súa alta taxa de crecemento anual (2.756 % anual no período 2000 - 2005), impulsada pola súa localización estratéxica, é así como por ser un dos principais destinos do investimento industrial no país, nos litanas importantes, como Chihuahua, Tampico, Aguascalientes (Aguascalientes), Cuernavaca e Saltillo.