Claudio Cuveiro: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Xas (conversa | contribucións)
Nova páxina: "{{En uso}} '''Claudio Cuveiro González''', nado en Pontevedra, foi un xornalista e escritor galego. ==Traxectoria== Colaborou, xunto con Antolín Esperón e Manuel A. Couto,..."
 
Xas (conversa | contribucións)
m Xas moveu a páxina "Claudio Cuveiro González" a "Claudio Cuveiro": Nome máis coñecido
(Sen diferenzas.)

Revisión como estaba o 12 de abril de 2012 ás 18:12

Claudio Cuveiro González, nado en Pontevedra, foi un xornalista e escritor galego.

Traxectoria

Colaborou, xunto con Antolín Esperón e Manuel A. Couto, no semanario Las Musas del Lérez (1842), de Pontevedra. Escribiu tamén artigos para os xornais El Alerta (1864-1865) e El Buscapié (1865-1868), e para a Revista de Primera Enseñanza (1865-1870). Dirixiu o Diario de Pontevedra en 1879. Como autor teatral estreou en 1881 no Teatro Variedades de Madrid a peza Qué noche! Así mesmo, foi o animador de numerosos parladoiros científicos, xunto con Octavio Lois Amado ou Heliodoro Gastañaduy, e publicou a primeira versión en castelán da obra de Haeckel Natürliche Schöpfungsgeschichte (1868) co título Historia de la creación de los seres orgánicos (1878).