Heliodoro Fernández Gastañaduy

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Heliodoro Gastañaduy»)
Heliodoro Fernández Gastañaduy
Nacemento29 de setembro de 1859
Lugar de nacementoPontevedra
Falecemento15 de marzo de 1917
Lugar de falecementoPontevedra
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónmédico e escritor
PaiFrancisco Fernández Anciles
editar datos en Wikidata ]

Heliodoro Fernández Gastañaduy, nado en Pontevedra o 29 de setembro de 1859 e finado na mesma cidade o 15 de marzo de 1917[1], foi un médico e escritor galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo de Francisco Fernández Anciles. Licenciado en Medicina pola Universidade de Santiago de Compostela (1878), foi médico en Pontevedra. Foi redactor de El Independente e Diario de Pontevedra e colaborou en Galicia e Suevia. En 1882 firmou a circular para publicar a coroa fúnebre de Andrés Muruais e formou parte do xurado cualificador nos Xogos Florais de Lugo (1907). Foi elixido numerario da Real Academia Galega, pero non chegou a tomar posesión.

Obra[editar | editar a fonte]

  • Opúsculo higiénico sobre el cólera, 1884.
  • El doctor Gutiérrez, 1903 (teatro).
  • Nuevo ambiente (teatro).
  • ¿Neurastenia?, 1909 (teatro).
  • Un vello paroleiro, 1912 (teatro).
  • O pote, 1920 (zarzuela).

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Necrolóxica en La Libertad, 22-3-1917, p. 2.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]