Narrativa: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
→‎Secuencia: mudanza
Prebot (conversa | contribucións)
m Bot: Substitución automática de texto (- sua + súa )
Liña 6: Liña 6:
==Acción==
==Acción==
A acción é o conxunto de acontecementos que transcorren nun determinado espazo e tempo.
A acción é o conxunto de acontecementos que transcorren nun determinado espazo e tempo.
[[Aristóteles]], na sua [[Poética]], xa afirmaba que "sen acción non poderia haber traxedia". Sen dificultade se estende o termo traxedia á narración, e así a presenza de '''acción''' é o primeiro elemento esencial ao texto narrativo.
[[Aristóteles]], na súa [[Poética]], xa afirmaba que "sen acción non poderia haber traxedia". Sen dificultade se estende o termo traxedia á narración, e así a presenza de '''acción''' é o primeiro elemento esencial ao texto narrativo.


===Estrutura da Narración===
===Estrutura da Narración===
Liña 12: Liña 12:
*Intriga: Acción considerada como un conxunto de acontecementos que se suceden, segundo un principio de casualidade, con vista a un desenlace. A intriga é unha acción fechada.
*Intriga: Acción considerada como un conxunto de acontecementos que se suceden, segundo un principio de casualidade, con vista a un desenlace. A intriga é unha acción fechada.
*Acción principal: Integra o conxunto de secuencias narrativas que deteñen maior importancia.
*Acción principal: Integra o conxunto de secuencias narrativas que deteñen maior importancia.
*Acción secundaria: A sua importancia definese en relación á principal, de que depende, por veces; relata acontecementos de menor relevo.
*Acción secundaria: A súa importancia definese en relación á principal, de que depende, por veces; relata acontecementos de menor relevo.


A narración consiste en arranxar unha secuencia de feitos na cal os personaxes se moven nun determinado espazo á medida que o tempo pasa.
A narración consiste en arranxar unha secuencia de feitos na cal os personaxes se moven nun determinado espazo á medida que o tempo pasa.
Liña 50: Liña 50:


====Relevo das personaxes====
====Relevo das personaxes====
*Protagonista, personaxe principal ou heroe: desempeña un papel central, a sua actuación é fundamental para o desenvolvemento da acción.
*Protagonista, personaxe principal ou heroe: desempeña un papel central, a súa actuación é fundamental para o desenvolvemento da acción.
*Personaxe secundaria: asume un papel de menor relevo que o protagonista, sendo ainda importante para o desenrolar da acción.
*Personaxe secundaria: asume un papel de menor relevo que o protagonista, sendo ainda importante para o desenrolar da acción.
*Figurante: ten un papel irrelevante no desenvolvemento da acción, cabendolle, no entanto, o papel de ilustrar un ambiente ou un espazo social de que é representante.
*Figurante: ten un papel irrelevante no desenvolvemento da acción, cabendolle, no entanto, o papel de ilustrar un ambiente ou un espazo social de que é representante.
Liña 64: Liña 64:
**Autocaracterización: a propia personaxe refire as suas características.
**Autocaracterización: a propia personaxe refire as suas características.
**Heterocaracterización: a caracterización da personaxe énos facultada polo narrador ou por outra personaxe.
**Heterocaracterización: a caracterización da personaxe énos facultada polo narrador ou por outra personaxe.
*Indirecta: O narrador pon a personaxe en acción, cabéndolle ao lector, a través do seu comportamento e/ou da sua fala, trazar o seu retrato.
*Indirecta: O narrador pon a personaxe en acción, cabéndolle ao lector, a través do seu comportamento e/ou da súa fala, trazar o seu retrato.


===Espazo (ou ambiente)===
===Espazo (ou ambiente)===

Revisión como estaba o 4 de abril de 2012 ás 21:22

A narrativa literaria acostuma presentarse en forma de prosa, mais pode ser tamén en versos (Epopea, Romanceiros). Se tivermos de definir o texto narrativo de forma sucinta, citando a Carlos Reis diremos que o texto narrativo é un proceso de exteriorización, unha actitude obxectiva e baseada na sucesividade.

No século XX, a partir do estruturalismo, xorde unha especie de teoria semiótica da narrativa (ou narratoloxía) que propón estudar a narratividade en xeral (novelas, contos, filmes, espectáculos, mitos, anécdotas, cancións, músicas, vídeos). Encabezados por Roland Barthes, estes estudos pretenden encontrar unha "gramática" da narrativa, mais ou menos como Saussure encontrara para a fala. É a partir de aí que surxem as fichas de lectura e os estudos sobre o narrador, os actantes, as estratexias narrativas de determinada escola, entre outros. Roland Barthes, mestre no estudo da narrativa, afirma que "a narrativa está presente en todos os tempos, en todos os lugares, en todas as sociedades, comeza coa propia historia da humanidade. [...] é froito do xenio do narrador ou posúe en comun con outras narrativas unha estrutura acessíbel á análise".

Acción

A acción é o conxunto de acontecementos que transcorren nun determinado espazo e tempo. Aristóteles, na súa Poética, xa afirmaba que "sen acción non poderia haber traxedia". Sen dificultade se estende o termo traxedia á narración, e así a presenza de acción é o primeiro elemento esencial ao texto narrativo.

Estrutura da Narración

A acción da narrativa pode dividirse en tres accións: Intriga, Acción principal e Acción secundaria.

  • Intriga: Acción considerada como un conxunto de acontecementos que se suceden, segundo un principio de casualidade, con vista a un desenlace. A intriga é unha acción fechada.
  • Acción principal: Integra o conxunto de secuencias narrativas que deteñen maior importancia.
  • Acción secundaria: A súa importancia definese en relación á principal, de que depende, por veces; relata acontecementos de menor relevo.

A narración consiste en arranxar unha secuencia de feitos na cal os personaxes se moven nun determinado espazo á medida que o tempo pasa. O texto narrativo está baseado na acción que envolve personaxes, tempo, espazo e conflito. Os seus elementos son: narrador, enredo, personaxes, espazo e tempo. Desa forma, o texto narrativo presenta unha determinada estrutura: Esquematizando temos:

  1. Presentación;
  2. Nó ou desenvolvemento;
  3. Clímax;
  4. Desenlace.

Secuencia

A acción está constituída por un número variábel de secuencias (segmentos narrativos con principio, medio e fin), que poden aparecer articuladas dos seguintes xeitos:

  • Encadeamento ou organización por orde cronolóxica
  • Encaixe, en que unha acción é introducida noutra que estaba a ser narrada e que despois se retoma
  • Alternancia, en que varias historias ou secuencias van sendo narradas alternadamente pola forma que foi escrita; ese eu lirico debe ser mais abranxente de forma que o leitor se familiarice coa lectura.

A acción pode dividirse en:

  • Presentación: é o momento do texto en que o narrador presenta os personaxes, o escenario, o tempo, etc. Nese momento el situa o lector nos acontecimentos (feitos).
  • ou desenvolvemento: é nese momento que se inicia o conflito (a oposicilón entre duas forzas ou dous personaxes). A paz inicial é quebrada a través do conflito para que a acción, a través dos feitos, se desenvolva.
  • Clímax: momento de maior intensidade dramática da narrativa. É nese momento que o conflito fica insustentábel, algo ten de ser feito para que a situación se resolva.
  • Desenlace: é como os feitos (situación) se resolven no final da narrativa. Pode ou non presentar a resolución do conflito.

Tempo

  • Tempo cronolóxico ou tempo da historia - determinado pola sucesión cronolóxica dos acontecementos narrados.
  • Tempo histórico - refírese á época ou momento histórico en que a acción se desenvolve.
  • Tempo psicolóxico - é um tempo subxectivo, vivido ou sentido pola personaxe, que flue en consonancia co seu estado de espírito.
  • Tempo do discurso - resulta do tratamento ou elaboración do tempo da historia polo narrador. Este pode escoller narrar os acontecementos:
    • por orde linear
    • con alteración da orde temporal (anacronía), recorrendo á analepse (un chimpo a acontecementos pasados) ou á prolepse (un salto a acontecementos futuros);
    • ao ritmo dos acontecementos (isocronía), como, por exemplo, na escena dialogada;
    • a un ritmo diferente (anisocronía), recorrendo ao resumo ou sumario (condensación dos acontecementos), á elipse (omisión de acontecementos) e á pausa (interrupción da historia para dar lugar a descricións ou divagacións).

Personaxes

Roland Barthes, alén de retomar a importancia que os clásicos daban á acción, avanza ao afirmar que “non existe unha soa narrativa no mundo sen personaxes”. Aquí enténdese personaxe non como persoas, seres humanos. Un animal pode ser personaxe (Revolución dos Bichos), a morte pode ser personaxe (As intermitencias da morte), unha cidade decadente ou unha caneta caendo poden ser personaxes, desde que estean nun espazo e realizando unha acción, aínda que involuntaria.

Relevo das personaxes

  • Protagonista, personaxe principal ou heroe: desempeña un papel central, a súa actuación é fundamental para o desenvolvemento da acción.
  • Personaxe secundaria: asume un papel de menor relevo que o protagonista, sendo ainda importante para o desenrolar da acción.
  • Figurante: ten un papel irrelevante no desenvolvemento da acción, cabendolle, no entanto, o papel de ilustrar un ambiente ou un espazo social de que é representante.

Composicilón

  • Personaxe redonda (ou esférica): dinámica, dotada de densidade psicolóxica, capaz de alterar o seu comportamento e, por conseguinte, de evolucionar ao longo da narrativa.
  • Personaxe plana (ou deseñada): estática, sen evolución, sen grande vida interior; por outras palabras: a personaxe plana comportase da mesma forma previsíbel ao longo de toda a narrativa.
  • Personaxe-tipo: representa un grupo profesional ou social.
  • Personaxe colectiva: Representa un grupo de individuos que actúa como se os animase unha única vontade.

Caracterización

  • Directa
    • Autocaracterización: a propia personaxe refire as suas características.
    • Heterocaracterización: a caracterización da personaxe énos facultada polo narrador ou por outra personaxe.
  • Indirecta: O narrador pon a personaxe en acción, cabéndolle ao lector, a través do seu comportamento e/ou da súa fala, trazar o seu retrato.

Espazo (ou ambiente)

• Espazo ou ambiente físico: é o espazo real, que serve de escenario á acción, onde as personaxes se moven.

• Espazo ou ambiente social: é constituído polo ambiente social, representando, por excelencia, polas personaxes figurantes.

• Espazo ou ambiente psicolóxico: espazo interior da personaxe, abarcando as suas vivencias, os seus pensamentos e sentimentos.

O espazo ou ambiente pode ser desde unha praia a un lago conxelado. De acordo co espazo é que os feitos da narración acontecen.

Narrador

  • Participación
    • Heterodiexético: Non participante.
    • Autodiexético: Participa como personaxe principal.
    • Homodiexético: Participa como personaxe secundaria.
  • Focalización: É a perspectiva adoptada polo narrador en relación ao universo narrado, isto é, a maneira como o narrador ve os feitos da historia.
    • Focalización omnisciente: colocado nunha posición de transcendencia, o narrador mostra coñecer toda a historia, manipula o tempo, e coñece o mundo interior (incluídos os pensamentos e sentimentos) das personaxes.
    • Focalización interna: o narrador adopta o punto de vista de un personaxe (ou de varios), resultando unha diminución de coñecemento.
    • Focalización externa: o coñecemento do narrador limitase ao que é observábel do exterior.
    • Focalización neutra: O narrador non expón o seu punto de vista (este modo non existe na práctica, só na teoría).
    • Focalización restritiva: A visión dos feitos dáse a través da óptica dalgún personaxe.
    • Focalización interventiva: O autor fai observacións sobre os personaxes (típica das novelas modernos)

Sucesión e Integración

Claude Bremond, ao definir narrativa, acrecentará a sucesión e a integración como esenciais para a narratividade: "Toda narrativa consiste nun discurso integrando unha sucesilón de acontecemento de interese humano na unidade dunha mesma acción. Onde non hai sucesión non hai narrativa, mais, por exemplo, descrición, dedución, efusión lírica, etc. Onde non hai integración na unidade dunha acción, non hai narrativa, mais soamente cronoloxía, enunciación dunha sucesión de feitos non relacionados".

Totalidade de significación

A totalidade de significacilón é apuntada por Greimas como outro elemento fundamental da narrativa. Ainda que aparentemente o lector non entenda un texto, ha de ter nel unha significación para que se configure como historia, como narración.

En prosa e verso

A pesar de aparecer comunmente en prosa, a narración pode existir en versos. Os exemplos clásicos son as epopeas, como a Odisea, ou os romanceiros, como o Romanceiro da Inconfidencia. Mais poemas como O Caso do Vestido e Quadrilha, de Carlos Drummond de Andrade, son verdadeiras narrativas en versos, con acción, personaxes, sucesión, integración e significación.

Véxase tamén