Andre Iguodala: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Cambio Categoría:Xogadores de baloncesto dos Estados Unidos por Categoría:Xogadores de baloncesto dos Estados Unidos de América
Prebot (conversa | contribucións)
m Bot: Corrección de redireccións (Estados Unidos de América - United States of America)
Liña 10: Liña 10:
| liga = [[National Basketball Association|NBA]]
| liga = [[National Basketball Association|NBA]]
| número = 9
| número = 9
| nacionalidade = {{USAb}} [[Estados Unidos]]
| nacionalidade = {{USAb}} [[Estados Unidos de América - United States of America|Estados Unidos]]
| nacemento = [[28 de xaneiro]] de [[1984]] <small>{{idade|28|1|1984}}</small>
| nacemento = [[28 de xaneiro]] de [[1984]] <small>{{idade|28|1|1984}}</small>
| lugar = [[Ficheiro:Flag of Illinois.svg|border|20px]] [[Springfield, Illinois|Springfield]], [[Illinois]]
| lugar = [[Ficheiro:Flag of Illinois.svg|border|20px]] [[Springfield, Illinois|Springfield]], [[Illinois]]

Revisión como estaba o 1 de abril de 2012 ás 04:07

Andre Iguodala
Philadelphia 76ers – No. 9
Posición Escolta/Aleiro
Liga NBA
Información persoal
Nacemento 28 de xaneiro de 1984 (40 anos)
Springfield, Illinois
Nacionalidade Estados Unidos
Altura 1,98 m (6 ft 6 in)
Peso oficial 94 kg (207 lb)
Información da carreira
Instituto Lanphier
Universidade Arizona
NBA Draft 2004 / Rolda: 1 / Elección: 9
Por Philadelphia 76ers
Carreira dende 1999
Historial de equipos
Philadelphia 76ers (2004-actualidade)
Premios e galardóns
NBA All-Star (2012)
Información en nba.com

Andre Tyler Iguodala, nado o 28 de xaneiro de 1984 en Springfield (Illinois), é un xogador de baloncesto estadounidense que milita nos Philadelphia 76ers, na NBA. Iguodala tamén é coñecido polos alcumes Iggy ou "O outro AI" (aclarando este último ao dicir que AI son tamén as inicias de Allen Iverson).

Traxectoria

Inicios

Xogou para o seu instituto, Lanphier HS (Illinois), onde firmou medias de 23,5 puntos, 7,9 rebotes e 4,2 asistencias por partido. Estes números outorgáronlle a mención do Chicago Sun-Times Player of the Year.

Iguodala estivo na Universidade de Arizona durante dúas temporadas, anotando 594 puntos totais, 409 rebotes e 95 roubos nos 62 partidos, sendo titular en 34 deles. As súas medias universitarios foron de 9.6 puntos, 6.6 rebotes e 1.53 roubos por encontro.

NBA

Iguodala, que pode xogar tanto de escolta tomo de aleiro, mide 1,98 metros de altura e pesa 94 quilos. Chagou á NBA mediante o Draft, resultando a novena elección do Draft da NBA de 2004, dende a Universidade de Arizona. No seu primeiro ano na liga, chegou a ser un gran xogador, terminando o ano dentro do mellor quinteto de Rookies e xogando no Rookie Challenge como titular. Nesas mesmas fechas, o xogador trocou o seu dorsal, que ata agora fora o 4, polo número 9; outorgándolle o anterior a Chris Webber. Posteriormente o mesmo Webber deu a coñecer que anteriormente lle regalara un Rolex a Iguodala para que el lle dese o número. Na temporada 2004-2005 foi o único rookie en conseguir un triplo-dobre, así como o único que disputou os 82 partidos de liga regular como titular (máis 5 de Playoffs). Ao ano seguinte, o que ata agora fora o seu compañeiro de equipo, Allen Iverson, abandonou aos Sixers, e Iguodala tomou máis importancia. Iverson volveu á franquicia no 2009, e Iguodala xa era un dos líderes do conxunto, con unha alta capacidade atlética para facer mates e un impoñente físico. Ao seguinte ano, 2010, a ausencia de estrelas de cara ao Mundial de Turquía fixo que USA Basketball chamase á súa porta. Iguodala incorporouse ás filas da selección estadounidense para acudir ao Mundial, onde resultaron imbatidos nos partidos previos ás eliminatorias.

Foi elixido por primeira vez para xogar o All-Star Game da NBA no ano 2012.[1]

Estatísticas NBA

Temporada regular

Ano Equipo PX PT MPP %TC %3P %TL RPP APP ROU TPP PPP
2004–05 Philadelphia 82 82 32.8 .493 .331 .743 5.7 3.0 1.7 .6 9.0
2005–06 Philadelphia 82 82 37.6 .500 .354 .754 5.9 3.1 1.6 .3 12.3
2006–07 Philadelphia 76 76 40.3 .447 .310 .820 5.7 5.7 2.0 .4 18.2
2007–08 Philadelphia 82 82 39.5 .456 .329 .721 5.4 4.8 2.1 .6 19.9
2008–09 Philadelphia 82 82 39.9 .473 .307 .724 5.7 5.3 1.6 .4 18.8
2009–10 Philadelphia 82 82 38.9 .443 .310 .733 6.5 5.8 1.7 .7 17.1
Total 486 486 38.1 .464 .321 .751 5.8 4.6 1.8 .5 15.9

Playoffs

Año Equipo PJ PT MPP %TC %3P %TL RPP APP ROB TPP PPP
2004–05 Philadelphia 5 5 38.4 .465 .333 .500 4.6 3.0 2.8 1.0 9.8
2007–08 Philadelphia 6 6 39.0 .333 .143 .721 4.8 5.0 2.2 .2 13.2
2008–09 Philadelphia 6 6 44.8 .449 .393 .652 6.3 6.7 1.8 .0 21.5
Total 17 17 40.8 .414 .314 .663 5.3 5.0 2.2 .3 15.1

Palmarés

Consideracións personais

  • Eleccións All-Star: 2012
  • Integrante do NBA All-Rookie (primer equipo) na temporada 2003-2004.
  • Elixido no equipo dos Rookies para o partido contra os Sophomores do Rookie Challenge de 2005 en Denver.
  • Elixido no equipo dos Sophomores para o partido contra os Rookies do Rookie Challenge de 2006 en Houston, elixido MVP pola súa excelente actuación (30 punt. 4 rob. 3 asist. en 12 min.)

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas