Bertha von Suttner: Diferenzas entre revisións
m r2.6.5) (Bot: Modifico: io:Bertha von Suttner |
m r2.5.2) (Bot: Engado: tr:Bertha von Suttner |
||
Liña 59: | Liña 59: | ||
[[sv:Bertha von Suttner]] |
[[sv:Bertha von Suttner]] |
||
[[sw:Bertha von Suttner]] |
[[sw:Bertha von Suttner]] |
||
[[tr:Bertha von Suttner]] |
|||
[[tt:Берта Зутнер]] |
[[tt:Берта Зутнер]] |
||
[[uk:Берта фон Зутнер]] |
[[uk:Берта фон Зутнер]] |
Revisión como estaba o 8 de marzo de 2012 ás 11:34
Bertha Felicitas Sophie, nada co nome de Kinsky von Chinic und Tettau en Praha o 9 de xuño de 1843 e finada en Viena o 21 de xuño de 1914, foi unha pacifista e escritora austrohúngara.
Traxectoria
Foi filla do conde Franz Kinsky von Wchinitz und Tettau e de Sophie von Körner. Naceu sendo xa orfa de pai, sendo este mariscal de campo e conselleiro do imperio austrohúngaro. En 1876 casou co escritor e nobre Arthur Von Suttner. Xa casada, estudou música e literatura; a parella viaxou extensamente, abandonando a súa residencia vienesa para trasladarse a París, regresando definitivamente a Austria en 1885.
En 1889 publicou a novela Die Waffen nieder!, traducida a diversas linguas convertida axiña nun clásico do movemento pacifista internacional. Editou unha revista pacifista internacional co mesmo título. Outras publicacións que reflicten o seu ideal foron Das Maschinenzeitaler (onde critica os nacionalismos radicais e o armamento) e Inventarium einer Seele (onde se percebe a influencia de H. T. Buckle, Herbert Spencer e Charles Darwin).
Von Suttner foi unha das máis destacadas figuras do movemento internacional pola paz, difundindo a idea en numerosas conferencias en toda Europa, e creando unha asociación para promovela en Austria. En 1905 recibiu o premio Nobel da Paz, se ben pénsase que parte da decisión puido deberse á súa relación de secretaria e amiga de Alfred Nobel. Faleceu pouco antes de comezar a Primeira Guerra Mundial.