Linfocito T CD8+: Diferenzas entre revisións
m r2.7.1) (Bot: Engado: sl:Celica ubijalka |
|||
Liña 41: | Liña 41: | ||
[[pl:Limfocyt Tc]] |
[[pl:Limfocyt Tc]] |
||
[[pt:Linfócito T citotóxico]] |
[[pt:Linfócito T citotóxico]] |
||
[[sl:Celica ubijalka]] |
|||
[[sv:Mördar-T-cell]] |
[[sv:Mördar-T-cell]] |
Revisión como estaba o 4 de marzo de 2012 ás 13:46
O linfocito CD8+ ou citotóxico é unha das células pertencentes ao sistema inmunitario. Procede da diferenciación tímica dun linfocito T.
Diferenciación a linfocito T CD8+ ou citotóxico
Cando o linfocito T inmaduro (procedente da medula ósea), chega ao timo, comeza a primeira maduración. Así, nos primeiros estadíos, a célula T comeza a producir o receptor de células T, de maneira asimétrica. Primeiro a subunidade β e logo a α. A gran maioría de TCRs expresados son o tipo αβ. Máis tarde comezan a expresar os complexos proteicos CD4 e CD8. Aqueles que produzan complexo CD8 serán os linfocitos CD8+ ou citotóxicos. Rematada a primeira fase de maduración, abandonan o timo e diríxense aos ganglios linfáticos.
Receptores de linfocito T
Artigo principal: Receptor de células T
Trátase de receptores específicos de linfocitos T, chamados TCR (T-cell receptor en inglés). Estes receptores son complexos proteínicos que constan de varias subunidades. Recoñecen complexos de histocompatibilidade I no caso dos linfocitos T citotóxicos.
Funcións
A función primordial é a de inducir apoptose en células potencialmente tumorais e infectadas. Ten as posibilidades de:
- Empregar o ligando FasL, uníndoo ao receptor Fas da célula diana
- Introducir na célula diana granzimas e activar directamente á caspasa-3
- Perforar a membrana da célula diana e destruíla pola entrada masiva de calcio nela
Regulación da actividade
O control destes linfocitos é múltiple: