Mundo Deportivo: Diferenzas entre revisións
m r2.7.1) (Bot: Engado: eu:Mundo Deportivo |
m Substitución auto |
||
Liña 38: | Liña 38: | ||
Mundo Deportivo colabora, polo demais, na organización da carreira pedestre máis antiga de España, a [[carreira Jean Bouin|Jean Bouin]] de [[Barcelona]]. |
Mundo Deportivo colabora, polo demais, na organización da carreira pedestre máis antiga de España, a [[carreira Jean Bouin|Jean Bouin]] de [[Barcelona]]. |
||
== |
==Notas== |
||
{{listaref}} |
{{listaref}} |
||
Revisión como estaba o 26 de febreiro de 2012 ás 11:33
Fundación | 1906 |
---|---|
Xénero | Información deportiva |
País | Cataluña |
Cidade | Barcelona |
Ámbito | Nacional |
Lingua | Castelán |
Periodicidade | Diaria |
Prezo | 1€ |
El Mundo Deportivo é un xornal deportivo catalán editado en lingua castelá en Barcelona polo Grupo Godó (grupo ao que tamén pertence o xornal La Vanguardia). O seu director delegado é o xornalista Santi Nolla e o director xerente, Óscar Rodríguez.[1] Céntrase principalmente en informar acerca da actualidade futbolística, e en especial a do FC Barcelona.
Características
É o diario deportivo máis antigo de España e o segundo de Europa; ten máis de 366.000 lectores exclusivos en España, dos cales máis de 220.000 en Cataluña. Ofrece, ademais da información polideportiva, un especial seguimento ao Atlético de Madrid (Mundo Atlético) e ao deporte vasco, especialmente ao Athletic Club (Mundo Deportivo Bizkaia) e á Real Sociedad (Mundo Deportivo Gipuzkoa).
A principios de xullo de 1999 presentou un novo deseño no seu formato: cunha edición máis colorida, máis páxinas, mellores fotos, unha nova cabeceira e cambio de nome, pasando a omitir o artigo 'El' na súa denominación.[2] No ano 2006 celebrou o seu centenario, organizando varios actos nos que participaron grandes deportistas (como Ronaldinho e Pelé) e grandes autoridades de España como os Príncipes de Asturias, Felipe de Borbón e Letizia Ortiz.
Mundo Deportivo colabora, polo demais, na organización da carreira pedestre máis antiga de España, a Jean Bouin de Barcelona.
Notas
- ↑ Páxina web do Grupo Godó
- ↑ Anuncio do cambio de formato. Mundo Deportivo (hemeroteca en internet), 5 de xullo de 1999.