Castromao, A Veiga: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Liña 15: Liña 15:
Ten unha altitude de 895 metros, e atópase ós pés do Alto da Gonza (1.296 metros).
Ten unha altitude de 895 metros, e atópase ós pés do Alto da Gonza (1.296 metros).


Foi unha das parroquias máis poboadas do concello, pero hoxe conta só cuns 35 habitantes, dos cales a maioría sobrepasan os 60 anos de idade, distribuídos en tres barrios principais: A Eirexa, o Fondo da aldea e a Cima da Aldea. Ademais, están tamén os barrios de O Salgueiral, O Cubo ou O Barrio.
Conta con tres barrios principais: A Eirexa, o Fondo da aldea e a Cima da Aldea. Ademais, están tamén os barrios de O Salgueiral, O Cubo ou O Barrio.


==Patrimonio==
==Patrimonio==

Revisión como estaba o 25 de febreiro de 2012 ás 23:23

Castromao
ConcelloA Veiga
Coordenadas42°14′13″N 7°03′26″O / 42.236883333333, -7.0571055555556Coordenadas: 42°14′13″N 7°03′26″O / 42.236883333333, -7.0571055555556
Área- km²
Poboación(Ano 2004) 47 hab.
DensidadeErro de expresión: Descoñécese a palabra "ano". hab./km²
Entidades de poboación4
editar datos en Wikidata ]

[[Categoría:A Veiga poboación {{{ano}}}]]

Santa María de Castromao é unha parroquia que se localiza no concello da Veiga. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 47 habitantes (27 homes e 20 mulleres), distribuídos en 1 entidade de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 65 habitantes.

Xeografía

Ten unha altitude de 895 metros, e atópase ós pés do Alto da Gonza (1.296 metros).

Conta con tres barrios principais: A Eirexa, o Fondo da aldea e a Cima da Aldea. Ademais, están tamén os barrios de O Salgueiral, O Cubo ou O Barrio.

Patrimonio

A Igrexa de Castromao é unha fermosa mostra da arquitectura popular da zona. O seu retablo é de finais dos século XVI (renacentista), con grandes columnas e un enorme frontón triangular. Destacan nesta igrexa o artesonado, o chan de madeira orixinal e os catro Evanxelistas. Estas esculturas son obra de Gregorio Español, escultor dos séculos XVI e XVII, autor de obras como o Coro da Catedral de Santiago de Compostela e introdutor do "manierismo" en Galicia.

Na parroquia de Castromao había un xacemento defensivo correspondente á Idade de Ferro ou época romana, no paraxe coñecido como O Castro. O castro, situando nun alto cun pequeno recinto superior ou "croa", no que afloran masas rochosas e un antecastro que a rodea. Ambos recintos están separados entre si por un terraplén. No seu conxunto ten unhas dimensións aproximadas de 250 metros de este a oeste por 210 metros de norte a sur. Este asentamento de Castromao está rodeado por un sistema de muralla, aparentemente de terra, completado por un terraplén, foso e parapeto.

Festas

As festas celébranse os días 15 e 16 de agosto, na honra dos seus patróns Santa María da Asunción e San Roque.

Lugares e parroquias

Lugares de Castromao

Lugares da parroquia de Castromao no concello da Veiga (Ourense)

Castromao | Cima da Aldea | A Eirexa | Fondo da Aldea

Parroquias da Veiga

Galicia | Provincia de Ourense | Parroquias da Veiga

Baños (San Fiz) | Candeda (San Miguel) | Carracedo (San Miguel) | Casdenodres (San Salvador) | Castromao (Santa María) | Castromarigo (San Miguel) | Corexido (Santo Estevo) | Corzos (Santiago) | Curra (San Miguel) | Espiño (San Vicenzo) | Hedreira (Santa Comba) | Lamalonga (Santa María) | Meda (Santa María) | Meixide (Santa María) | A Ponte (Santa María Madanela) | Prada (Santo André) | Prado (Santo Estevo) | Pradolongo (San Pedro) | Requeixo (Santo André) | Riomao (San Tomé) | San Fiz (Santa Catalina) | San Lourenzo (San Lourenzo) | Santa Cristina (San Tirso) | Seoane (San Xoán) | Valdín (Santa María) | A Veiga (Santa María) | Vilaboa (Santa Lucía) | Vilanova (San Pedro) | Xares (Santa María)

Véxase tamén

Outros artigos