Axuda:Procurar: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
EmausBot (conversa | contribucións)
m r2.6.4) (Bot: Engado: jv, map-bms, th, vec, yo
VolkovBot (conversa | contribucións)
m r2.7.2) (Bot: Engado: arz:ويكيبيديا:تدوير
Liña 31: Liña 31:
[[an:Wikipedia:Searching]]
[[an:Wikipedia:Searching]]
[[ar:ويكيبيديا:بحث]]
[[ar:ويكيبيديا:بحث]]
[[arz:ويكيبيديا:تدوير]]
[[bg:Уикипедия:Търсене]]
[[bg:Уикипедия:Търсене]]
[[br:Skoazell:Klask gant al lusker enklask]]
[[br:Skoazell:Klask gant al lusker enklask]]

Revisión como estaba o 17 de febreiro de 2012 ás 23:43

A Wikipedia posúe un potente motor de procuras integrado na súa interface, que serve para localizar contidos nas páxinas da enciclopedia dun xeito máis doado e preciso ca mediante buscadores externos coma Google ou Yahoo!.

A caixa de procuras atópase na parte superior de todas as páxinas. Se escribes o título exacto dun artigo, a procura conducirate ata el; se non fose así, verás unha lista cos resultados máis relevantes de acordo coas palabras clave que escribises.

A ligazón directa ata a interface avanzada é Especial:Procurar.

Características do motor de procuras

O motor de procuras interno é capaz de procurar nos títulos de páxinas e contidos e categorías e espazos de nomes específicos. Tamén podes limitar unha procura a páxina con palabras en concreto; ademais, o motor soporta a busca de palabras por aproximación. Ao presentar os resultados, aparecerán as ligazóns máis relevantes segundo as palabras clave empregadas.

A procura non diferencia entre maiúsculas e minúsculas e non hai problema por esquecer os acentos gráficos, as diéreses e outros caracteres especiais á hora de que o motor de procuras mostre os resultados.

Ademais, tamén existen estoutras características para refinar as procuras:

  • Frases entre aspas: Podes realizar procuras de frases encerradas entre aspas para restrinxir máis a busca.
  • Procura booleana: Por defecto, aplícase "AND" a todos os termos de busca, como en todos os buscadores. Tamén se poden empregar parénteses e "OR". Por exemplo, windows OR sistema, e a combinación, microsoft (windows OR sistema) (cómpre ter en conta as maiúsculas).
  • Exclusión: Pódense excluír termos co símbolo "-". Este xeito de pescuda é útil para atopar palabras con faltas de ortografía. Por exemplo, xuizo -xuízo (non hai espazo entre "-" e o termo a excluír).
  • Procuras comodín: Os comodíns (caracteres que ocupan a posición doutros descoñecidos ou que non se especifican) pódense empregar como prefixos ou sufixos. Por exemplo, a pescuda "*stán" dará como resultados artigos como Casaquistán e Afganistán.
  • Procura por aproximación: Se engades un til (~) ao final dunha palabra da procura, o motor de buscas tratará de atopar palabras cunha ortografía semellante. Por exemplo, se buscas james~ watt~ a pescuda identifica a James Watt, a James Wyatt e mai a James Watts como os primeiros tres resultados.

Frecha. Volver á páxina de axuda.